Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Martes, 25 de novembro de 2003 Páx. 14.530

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 19 de novembro de 2003, da División de Recursos Humanos, pola que se fan públicos os acordos dos tribunais que xulgan o proceso selectivo para o ingreso nas clases de inspectores médicos e subinspectores sanitarios do Servicio Galego de Saúde, relativos á celebración do terceiro e cuarto exercicio da fase de oposición.

O punto 3 da base sexta A) da Resolución do 14 de abril de 2003 (DOG nº 81, do 28 de abril), pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso nas clases de inspectores médicos e subinspectores sanitarios do Servicio Galego de Saúde, dispón que os diversos exercicios da fase de oposición se realizarán no lugar ou lugares e á hora que se fixe nun acordo que o respectivo tribunal publique no Diario Oficial de Galicia, e mesmo que, por razóns de índole organizativa, poderá decidir executar en unidade de acto o terceiro e o cuarto exercicio, podendo altera-la súa orde de realización.

Adoptado acordo polos respectivos tribunais sobre o lugar, a data e a hora de realización do terceiro e cuarto exercicio da fase de oposición, procede agora darlle publicidade no Diario Oficial de Galicia, facultándose para isto expresamente este centro directivo, polo que

RESOLVE:

Primeiro.-Convoca-los aspirantes que superaron o segundo exercicio das clases de inspectores médicos e subinspectores sanitarios para a realización do terceiro e, se é o caso, cuarto exercicio da fase de oposición o vindeiro día 27 de novembro de 2003, ás 16.00 horas, no Pazo de Congresos e Exposicións sito en San Lázaro s/n, de Santiago de Compostela.

Segundo.-O chamamento será único e serán excluídos do concurso-oposición os aspirantes que non comparezan, debendo ir provistos necesariamente do documento nacional de identidade, permiso de conducir ou pasaporte e bolígrafo.

Santiago de Compostela, 19 de novembro de 2003.

José Ignacio Lema Piñeiro

Director xeral da División de Recursos Humanos