Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Martes, 25 de novembro de 2003 Páx. 14.521

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL

RESOLUCIÓN do 3 de novembro de 2003, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convoca concurso de traslado para prazas vacantes e de nova creación de oficiais, auxiliares e axentes da Administración de xustiza.

Vacantes na Administración de xustiza postos de traballo dos corpos nacionais de oficiais, auxiliares e axentes da Administración de xustiza dotados orzamentariamente, procede a súa convocatoria en concurso de traslado, de conformidade co establecido nos artigos 455 e 494 da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, e o capítulo III do título IV do Regulamento orgánico dos corpos de oficiais, auxiliares e axentes da Administración de xustiza, aprobado polo Real decreto 249/1996, do 16 de febreiro.

Por todo iso, o Ministerio de Xustiza, coordinadamente coa Comunidade Autónoma de Galicia, dis

poñen convocar un concurso para a provisión dos postos que se relacionan no anexo I segundo as seguintes bases:

Primeira.-Postos que se poden solicitar.

1. Poderán tomar parte neste concurso e solicita-las vacantes de postos de traballo de oficiais, auxiliares e axentes da Administración de xustiza os funcionarios pertencentes ós devanditos corpos, calquera que sexa a súa situación administrativa, agás os suspensos que non rematasen o período de suspensión, sempre que reúnan as condicións para concursar conforme ó establecido no artigo 57 do Real decreto 249/1996, do 16 de febreiro.

2. Os interesados poderán solicitar calquera das prazas incluídas no anexo I, sempre que reúnan os requisitos xerais esixidos na data de remate do prazo de presentación de solicitudes.

As devanditas vacantes identificaranse polo número de orde da convocatoria. Só coa solicitude dun posto de traballo dun órgano xudicial incluído no anexo I, enténdense pedidas tódalas vacantes do corpo existentes no devandito órgano.

3. Tamén se poderán solicita-los postos que queden vacantes nas relacións de postos de traballo da Administración de xustiza como consecuencia da resolución deste concurso, que se incorporarán en concepto de resultas ás vacantes ofertadas, salvo que se pretendan amortizar ante proxecto avanzado ou en trámite de negociación de modificación do cadro de persoal orgánico ou reordenación de efectivos dun centro de traballo, respectando a porcentaxe máxima de desviación por dotacións totais e corpos do cinco por cento do cadro de persoal.

Os postos de traballo teñen que identificarse polo número de orde da convocatoria. Só coa solicitude dun posto de traballo dun órgano xudicial, enténdense pedidas tódalas vacantes do corpo existentes no devandito órgano. Cando se desexe solicitar un posto de traballo en resultas que xa estea incluído no anexo I como vacante, abondará con que este apareza acompañado dun asterisco, para que se entenda solicitado como vacante e como resulta na orde de preferencia indicada.

Co fin de que os posibles solicitantes poidan exerce-lo dereito que se lle recoñece de solicita-las resultas producidas pola resolución do concurso, desde a data de publicación desta resolución e durante o período de presentación de solicitudes, exporanse nos taboleiros de anuncios da Dirección Xeral de Xustiza e na Xerencia Territorial desta Comunidade Autónoma, así como no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e nas audiencias provinciais, a seguinte documentación que permita identificar e solicitar adecuadamente os postos:

-Relación de postos de traballo da Administración de xustiza da mesma natureza cós convocados que poidan solicitarse con indicación do número de orde dos postos en cuestión.

Segunda.-Requisitos e condicións de participación.

1. Os funcionarios dos corpos de oficiais, auxiliares e axentes da Administración de xustiza só poderán participar se na data de remate do prazo de pre

sentación de instancias transcorreu un ano desde o nomeamento no seu actual posto de traballo definitivo (artigo 57 c do Real decreto 249/1996, coa excepción prevista no artigo 52 c) do Regulamento orgánico.

2. Os funcionarios en servicio activo con adscrición provisional estarán obrigados a participar neste concurso.

No caso de que non obtivesen destino no concurso, atribuiráselle-lo desempeño provisional dun posto correspondente ó seu corpo.

3. Os funcionarios que se encontren nas situacións de excedencia voluntaria establecidas no artigo 34 b) e c) do Real decreto 249/1996 (excedencias por agrupación familiar e por interese particular), só poderán participar no concurso se na data de remate do prazo de presentación de solicitudes transcorreron dous anos como mínimo desde que foron declarados nesa situación.

4. Os funcionarios en situación de excedencia para o coidado de fillos, ó abeiro do disposto no artigo 35 do Real decreto 249/1996, só poderán concursar se transcorreu un ano desde o nomeamento no seu último destino definitivo.

5. Os excedentes forzosos, os suspensos definitivos que perdesen o seu posto de traballo e os excedentes voluntarios do artigo 34 a) do Regulamento orgánico, aprobado polo Real decreto 249/1996, gozarán por esta orde, a primeira vez que se anuncie a concurso unha vacante do corpo na mesma localidade onde servían cando se produciu o seu cesamento no servicio activo, de dereito preferente para ocupala (artigo 44.3º do Regulamento orgánico).

6. Regulación do dereito de preferencia establecido no artigo 44.3º do Regulamento orgánico. Dado que a preferencia estende os seus efectos a tódalas prazas dunha localidade determinada, para exercer este dereito deberán solicitar tódalas vacantes que se oferten na localidade para a que se exerce a preferencia e agrupar estas peticións nos primeiros números da orde de preferencia da solicitude, ordenando o resto dos postos pedidos sen preferencia e a seguir. Igualmente deberán solicitala na súa instancia especificando a provincia ou o municipio do último destino servido en propiedade e de forma definitiva, no epígrafe P-1 do modelo V-2 ou V-3, segundo proceda, achegando fotocopias compulsadas dos documentos acreditativos da dita preferencia.

Non se terá en conta a preferencia se non solicita tódolos postos de traballo da localidade da que se trate nos primeiros números da orde de preferencia da solicitude, se non especifica que desexa acollerse á preferencia na instancia no epígrafe correspondente e se non achega fotocopias compulsadas dos documentos aludidos no parágrafo anterior.

7. Non poderá adxudicárselles ós funcionarios un posto de traballo correspondente ó mesmo centro onde estean destinados, coa excepción prevista no artigo 52 c) do Real decreto 249/1996, do 16 de febreiro, ó regula-la reordenación de efectivos.

8. O funcionario ó que se lle adxudicou de forma forzosa o seu posto de traballo, por motivo dunha reordenación de efectivos prevista no artigo 52 do

Regulamento orgánico, poderá participar nos concursos de traslado, aínda que non transcorrese o prazo dun ano que esixe o artigo 57 alínea c) do Regulamento orgánico. Pola súa parte, terán dereito preferente, por unha soa vez, para obter outro posto de traballo do propio centro con ocasión do concurso ordinario no que se ofreza e sempre que participe nel.

Para poder exerce-lo dito dereito deberá axustarse ás seguintes especificacións:

Solicitar nos primeiros lugares da orde de preferencia da solicitude aqueles postos de traballo pertencentes ó centro de traballo para o que desexa acollerse á devandita preferencia.

Indicar no modelo de instancia V-3, no epígrafe P-1, o centro de traballo e a localidade para a que desexa acollerse á preferencia.

Achegar fotocopias compulsadas do seu nomeamento con carácter forzoso para o centro de traballo e para a localidade indicados no epígrafe P-1.

No caso de que non seguise as instruccións especificadas nos tres parágrafos anteriores perderá, para este concurso, o dereito preferente que lle recoñece o devandito artigo 52 c).

Terceira.-Baremos.

A valoración de méritos para a adxudicación dos postos de traballo nesta comunidade farase de acordo co baremo establecido para valora-la antigüidade e o coñecemento da lingua oficial propia. Deben presentarse coa solicitude fotocopias compulsadas da documentación que acredite o seu coñecemento; non se valorará este de non xuntalas debidamente compulsadas.

1. Antigüidade. Polos servicios efectivos no corpo outorgarase un punto por cada ano completo de servicios e computaranse proporcionalmente os períodos inferiores (0,0027777 por día, establecendo os meses como de 30 días). Estes servicios computaranse ata o día de remate do prazo de presentación de instancias.

2. Coñecemento oral e escrito da lingua oficial propia da Comunidade Autónoma. Nas prazas situadas na Comunidade Autónoma de Galicia, o coñecemento oral e escrito da lingua galega debidamente acreditado por medio dunha certificación oficial da Comunidade Autónoma, ou homologación do título presentado e do nivel ó que corresponda o título, supón o recoñecemento para estes efectos de ata 6 puntos segundo o nivel de coñecementos acreditado nos termos da disposición adicional segunda do Regulamento orgánico aprobado polo Real decreto 249/1996, do 16 de febreiro, na forma seguinte:

a) Curso de iniciación e perfeccionamento ou curso básico de linguaxe xurídica galega: dous puntos.

b) Curso medio de linguaxe xurídica galega: catro puntos.

c) Curso superior de linguaxe xurídica galega: seis puntos.

Os devanditos cursos non terán carácter acumulativo.

Cuarta.-Modelos e prazos de presentación de solicitudes.

1. Os funcionarios destinados definitivamente en postos das relacións de postos de traballo dos corpos de oficiais, auxiliares e axentes da Administración de xustiza correspondentes a Galicia, así como os que se encontren en situación de servicios especiais e excedentes por coidado de fillos que teñen reservado o seu posto de traballo en Galicia, presentarán a súa solicitude axustada ó modelo V-I publicado como anexo II desta resolución no prazo de 10 días naturais seguintes ó da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia, ou contados a partir do día seguinte á súa publicación no Boletín Oficial del Estado, no caso de que a publicación non se faga simultaneamente no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia. Esta solicitude dirixirase á Dirección Xeral de Xustiza da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local da Xunta de Galicia, Edificio Administrativo San Caetano s/n, 15771 Santiago de Compostela.

2. Os funcionarios destinados en postos das relacións de postos de traballo doutros corpos da Administración de xustiza ou doutras administracións que se atopen en excedencia do artigo 34 alínea a) do Real decreto 249/1996, do 16 de febreiro, nos corpos de oficiais, auxiliares e axentes, que fagan constar como primeiro destino calquera dos convocados mediante esta resolución, radicados en Galicia, utilizarán o modelo V-2 publicado como anexo II a esta resolución no prazo de 10 días naturais seguintes ó da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia, ou contados a partir do día seguinte á súa publicación no Boletín Oficial del Estado, no caso de que a publicación non se faga simultaneamente no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia. Esta solicitude dirixirase á Dirección Xeral de Xustiza da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local da Xunta de Galicia, Edificio Administrativo San Caetano s/n, 15771 Santiago de Compostela.

3. Os restantes solicitantes que desexen participar neste concurso, como os excedentes forzosos aínda que tiveren un destino provisorio, os suspensos definitivos que perdesen o seu posto de traballo, os participantes con destino provisorio por reingresaren no servicio activo, así como os restantes excedentes voluntarios por agrupación familiar ou por interese particular, ou os adscritos forzosos por motivo dunha reordenación de efectivos prevista no artigo 52 c) do Regulamento orgánico, que fagan constar como primeiro destino calquera dos convocados mediante esta resolución, radicados en Galicia, utilizarán o modelo V-3 publicado como anexo II a esta resolución no prazo de 10 días naturais seguintes ó da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia, ou contados a partir do día seguinte á súa publicación no Boletín Oficial del Estado, no caso de que a publicación non se faga simultaneamente no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia. Esta solicitude

dirixirase á Dirección Xeral de Xustiza da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local da Xunta de Galicia, Edificio Administrativo San Caetano s/n, 15771 Santiago de Compostela.

4. As solicitudes poderán remitirse tamén na forma prevista no artigo 38 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

As que se presenten nas oficinas de correos enviaranse en calquera das dúas modalidades seguintes:

a) Por correo ordinario. Neste caso deberá ter entrada no rexistro xeral do Ministerio de Xustiza, xerencias territoriais ou rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local da Comunidade Autónoma de Galicia (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15771 Santiago de Compostela), para os funcionarios destinados nos xulgados e tribunais de Galicia, en todo caso, antes da data de remate do prazo de presentación de instancias.

b) Por correo certificado. Neste suposto presentaranse nas oficinas de correos en sobre aberto para seren datadas e seladas polo funcionario de correos antes de seren remitidas. Os participantes no concurso deberán envia-la instancia que teña o selo da oficina de correos, sen que poida admitirse pasado o prazo de presentación de instancias aquela que non cumpra este requisito, aínda que posteriormente se puidese acreditar tal aspecto.

5. Os excedentes voluntarios por interese particular engadiranlle á súa solicitude unha declaración de que non foron separados de calquera das administracións públicas.

6. A solicitude para tomar parte neste concurso será única para cada funcionario participante, aínda que se soliciten prazas fóra do territorio desta Comunidade Autónoma e que, por tanto, figuren nas convocatorias que simultaneamente a esta se realicen e publiquen os boletíns oficiais doutras comunidades autónomas con competencias transferidas ou o Ministerio de Xustiza.

Do mesmo xeito, mediante unha única instancia, deberá optar por participar desde o corpo no que o funcionario se atope en activo, ou reingresar ó servicio activo no corpo do que forme parte como excedente. No caso de presentar dúas instancias nas que se soliciten destinos en dous corpos distintos, serán anuladas as dúas solicitudes e quedará, por tanto, o funcionario excluído da participación no concurso.

7. Ó resultaren irrenunciables os destinos obtidos a pedimento do funcionario no caso de obter destino, o reingresado ó servicio mediante concurso de traslado, quedará automaticamente en excedencia no corpo no que se atopase en activo, polo que o seu destino actual se ofrecerá como praza vacante en concepto de resultas.

8. A solicitude formulada será vinculante para o peticionario unha vez transcorrido o período de presentación de instancias, polo que, neste caso, non será posible modifica-la instancia, nin renunciar á participación no concurso.

9. Ós excedentes forzosos adscritos provisoriamente, que non participen neste concurso, adxudicaráselles con carácter definitivo un posto de traballo no mesmo municipio, provincia ou comunidade autónoma da veciñanza do funcionario.

Quinta.-Peticións condicionadas.

No caso de estaren interesados nas vacantes que se anuncian para un mesmo municipio, partido xudicial ou provincia dous funcionarios pertencentes ós corpos de oficiais, auxiliares e axentes, poderán condiciona-la súa petición ó feito de ambos obteren destino na mesma provincia; entenderanse no caso contrario anuladas as peticións condicionadas efectuadas por ambos. Os funcionarios que se acollan a esta petición condicional deberán concretalo na súa instancia, e engadir fotocopia da petición do outro funcionario.

No caso de que non se engadise a fotocopia da instancia do segundo concursante, entenderase anulada a petición condicionada efectuada por ambos.

Os funcionarios que se acollan a esta base deberán agrupa-los postos que condicionan nos primeiros números da orde de preferencia da solicitude e poñe-lo resto dos non condicionados a seguir.

Sexta.-Tramitación.

O Servicio de Xerencia de Xustiza desta Comunidade Autónoma efectuará a gravación no proceso informático.

Finalizado o dito proceso, efectuarase a baremación con base nos datos que figuran na solicitude.

No Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial del Estado anunciaranse os lugares onde estarán ó dispor dos interesados os anexos III de tódolos participantes, que conterán a baremación e o destino provisoriamente adxudicado.

Os funcionarios interesados expresarán no prazo de dez días naturais a súa desconformidade cos datos que consten no anexo III, solicitando a súa corrección, para o que deberán achegar no dito prazo a proba documental oportuna e fotocopia selada da instancia que presentaron no seu día, todo isto de acordo co establecido no artigo 71.1º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común segundo o modelo de alegacións que figura no anexo IV.

De non reclamar no prazo establecido, entenderase que mostra a súa conformidade e aceptación respecto ós datos contidos, á súa baremación e ó destino provisoriamente adxudicado.

Ó tratarse dun concurso a resultas, os destinos provisionalmente adxudicados poden sufrir modificacións na resolución definitiva como consecuencia dos erros que poidan producirse na baremación das instancias. En calquera caso, os destinos asignados provisoriamente non supoñen dereito ou a expectativa de dereito respecto á resolución definitiva do concurso.

Sétima.-Adxudicacións.

1. A orde de prioridade para a adxudicación dos postos de traballo virá dada pola puntuación total obtida segundo os baremos da base terceira.

2. No caso de empate na puntuación total, acudirase para dirimilo á orde de escala do funcionario.

Oitava.-Carácter dos destinos adxudicados.

1. Os traslados que deriven da resolución deste concurso terán a consideración de voluntarios para os efectos previstos no Real decreto 462/2002, do

24 de maio, sobre indemnizacións por razóns de servicio.

2. Os destinos adxudicados serán irrenunciables.

Novena.-Resolución e prazo posesorio.

1. Esta convocatoria resolverase por resolución do director xeral de Xustiza da Xunta de Galicia, de xeito que se publiquen simultaneamente nos taboleiros de anuncios do Ministerio de Xustiza, da Xerencia Territorial de Xustiza da Comunidade Autónoma, así como do Tribunal Superior de Xustiza e das audiencias provinciais.

2. A resolución expresará o posto de orixe dos funcionarios ós que se lles adxudique destino e a súa localidade, así como a súa situación administrativa, se esta é distinta á de activo e o posto adxudicado a cada funcionario con referencia ó centro de traballo e á localidade.

3. As resolucións do concurso poderán separarse por corpos, co fin de que os cesamentos dos funcionarios concursantes, oficiais, auxiliares e axentes poidan ser graduais no tempo, se a Administración considera que a súa acumulación nunha mesma data puidese ser prexudicial para o servicio público.

4. O prazo para tomar posesión do novo destino obtido será de dez días naturais, se hai cambio de localidade, pero cando teña lugar dentro da mesma poboación, deberá efectuarse nos tres días naturais seguintes ó cesamento.

5. O prazo para a toma de posesión comezará a contarse a partir do día seguinte ó do cesamento.

6. Se a resolución comporta reingreso no servicio activo, o prazo de toma de posesión deberá computarse desde a publicación da resolución do concurso no Boletín Oficial del Estado.

No caso de que os funcionarios reingresados por medio deste concurso se atopasen en activo noutro corpo e non desexasen que se lles interrompese a súa relación coa Administración, dada a necesidade de contar co tempo indispensable para efectua-la toma de posesión, poderán solicitarlle ó presidente, xuíz, fiscal ou xefe do organismo do seu actual destino un permiso retribuído dun día se non hai cambio de localidade ou de dous en caso contrario, agás aqueles casos nos que teñan que desprazarse ás Canarias, Illas Baleares ou Ceuta e Melilla, nos que o permiso poderá ser de ata tres días (artigo 66.1º g) do Regulamento orgánico); terán o cesamento no seu anterior destino con data inmediatamente anterior á da súa posesión na nova praza de reingreso.

7. Se non se lograse a simultaneidade de publicación da resolución co Diario Oficial de Galicia, os prazos comezarán desde o día seguinte ó da publicación no Boletín Oficial del Estado.

8. O cómputo dos prazos posesorios iniciarase cando rematen os permisos ou licencias das que estean gozando os funcionarios (artigo 75 do Regulamento orgánico), non sendo que por circunstancias excepcionais debidamente motivadas se suspenda ou revogue o goce destes.

9. No caso de que os órganos de nova creación creados polo Real decreto 1230/2003, do 26 de setembro (BOE do 27 de setembro), incluídos nesta convocatoria, entrasen en funcionamento con pos

terioridade á data de resolución definitiva do concurso, os adxudicatarios das ditas prazas tomarán posesión dos seus destinos o mesmo día da súa entrada en funcionamento, e cesarán nos seus destinos anteriores dez ou tres días naturais antes, segundo cambien ou non de localidade. No caso dos reingresados, seguirán os pasos especificados no parágrafo segundo do punto 6 desta base.

10. O que sen xusta causa deixase de tomar posesión, entenderase que renuncia ó cargo e a formar parte do corpo.

Décima.-Recursos.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o director xeral de Xustiza da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local, ou recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo competentes, no prazo dun ou de dous meses respectivamente; ámbolos dous prazos contaranse desde o día seguinte ó da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, respectivamente.

Santiago de Compostela, 3 de novembro de 2003.

Juan José Martín Álvarez

Director xeral de Xustiza

ANEXO I

Oficiais

DESCRICIÓN DO POSTO DE TRABALLODOTACIÓNPREFERENCIA

COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIANº DE ORDE DA CONVOC.VACANTESIDIOMA

TSXG-SERVICIO APOIO

A CORUÑA

5791SI

TSXG-SALA SOCIAL

A CORUÑA

5801SI

XDO. INSTRUCCIÓN NÚM. 4

A CORUÑA

5811SI

XDO. SOCIAL NÚM. 1

A CORUÑA

5821SI

1ª INST. E INSTR. NÚM. 7

SANTIAGO DE COMPOSTELA

5842SI

1ª INST. E INSTR. NÚM. 2

BETANZOS

5831SI

DECANATO

LUGO

5851SI

DEC. SCNE

LUGO

5861SI

XDO. CONT.-ADMVO. NÚM. 2

OURENSE

5882SI

XDO. MENORES

OURENSE

5891SI

DEC.-OF. RXTO. E REPARTO

PONTEVEDRA

5901SI

XDO. INSTRUCCIÓN NÚM. 1

VIGO

6011SI

XDO. INSTRUCCIÓN NÚM. 2

VIGO

6021SI

XDO. INSTRUCCIÓN NÚM. 5

VIGO

6031SI

XDO. INSTRUCCIÓN NÚM. 6

VIGO

6042SI

XDO. SOCIAL NÚM. 1

VIGO

6061SI

1ª INST. E INSTR. NÚM. 1

CALDAS DE REIS

5911SI

1ª INST. E INSTR. NÚM. 2

CALDAS DE REIS

5921SI

DESCRICIÓN DO POSTO DE TRABALLODOTACIÓNPREFERENCIA

COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIANº DE ORDE DA CONVOC.VACANTESIDIOMA

1ª INST. E INSTR. NÚM. 2

CAMBADOS

5932SI

1ª INST. E INSTR. NÚM. 3

CAMBADOS

5942SI

1ª INST. E INSTR. NÚM. 1

MARÍN

5951SI

1ª INST. E INSTR. NÚM. 1

O PORRIÑO

5961SI

1ª INST. E INSTR. NÚM. 2

O PORRIÑO

5971SI

1ª INST. E INSTR. NÚM. 2

PONTEAREAS

5981SI

1ª INST. E INSTR. NÚM. 2

REDONDELA

5991SI

1ª INST. E INSTR. NÚM. 1

TUI

6001SI

Auxiliares

DESCRICIÓN DO POSTO DE TRABALLODOTACIÓNPREFERENCIA

COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIANº DE ORDE DA CONVOC.VACANTESIDIOMA

TSXG-SALA SOCIAL

A CORUÑA

15212SI

AUD. PROV.-SECRETARÍA

A CORUÑA

15221SI

FISCALÍA

A CORUÑA

15231SI

DEC.-SCNE

A CORUÑA

15241SI

1ª INSTANCIA NÚM. 7

A CORUÑA

15251SI

XDO. INSTRUCCIÓN NÚM. 1

A CORUÑA

15261SI

XDO. INSTRUCCIÓN NÚM. 4

A CORUÑA

15271SI

XDO. INSTRUCCIÓN NÚM. 5

A CORUÑA

15282SI

XDO. CONT.-ADMVO. NÚM. 2

A CORUÑA

15291SI

XDO. PENAL NÚM. 2

A CORUÑA

15301SI

1ª INST. E INSTR. NÚM. 3

SANTIAGO DE COMPOSTELA

15331SI

1ª INST. E INSTR. NÚM. 4

SANTIAGO DE COMPOSTELA

15341SI

1ª INST. E INSTR. NÚM. 7

SANTIAGO DE COMPOSTELA

15354SI

XDO. SOCIAL NÚM. 2

SANTIAGO DE COMPOSTELA

15361SI

1ª INST. E INSTR. NÚM. 2

CORCUBIÓN

15311SI

XDO. PENAL

FERROL

15321SI

AUD. PROV.-SEC. 2ª

LUGO

15371SI

XDO. PENAL, NÚM. 2

LUGO

15381SI

XDO. CONT.-ADTVO. NÚM. 2

OURENSE

15391SI

1ª INST. E INSTR.

RIBADAVIA

15401SI

ADSCRICIÓN FISCALÍA

VERÍN

15411SI

AUD. PROV.-SEC. 4ª

PONTEVEDRA

15422SI

AUD. PROV.-SECRETARÍA

PONTEVEDRA

15431SI

FISCALÍA

PONTEVEDRA

15441SI

DEC.-OF. RXTO. E REPARTO

PONTEVEDRA

15451SI

1ª INST. E INSTR. NÚM. 4

PONTEVEDRA

15462

SI

XDO. CONT.-ADTVO. NÚM. 1

PONTEVEDRA

15472SI

XDO. MENORES

PONTEVEDRA

15481SI

1ª INSTANCIA NÚM. 9

VIGO

15541SI

DESCRICIÓN DO POSTO DE TRABALLODOTACIÓNPREFERENCIA

COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIANº DE ORDE DA CONVOC.VACANTESIDIOMA

XDO. INSTRUCCIÓN NÚM. 4

VIGO

15551SI

XDO. INSTRUCCIÓN NÚM. 6

VIGO

15561SI

XDO. PENAL NÚM. 3

VIGO

15571SI

1ª INST. E INSTR. NÚM. 2

CANGAS

15491SI

1ª INST. E INSTR. NÚM. 1

PONTEAREAS

15501SI

1ª INST. E INSTR. NÚM. 2

PONTEAREAS

15511SI

1ª INST. E INSTR. NÚM. 1

REDONDELA

15521SI

1ª INST. E INSTR. NÚM. 2

REDONDELA

15531SI

1ª INST. E INSTR. NÚM. 2

VILAGARCÍA DE AROUSA

15581SI

Axentes

DESCRICIÓN DO POSTO DE TRABALLODOTACIÓNPREFERENCIA

COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIANº DE ORDE DA CONVOC.VACANTESIDIOMA

TSXG-SECRET. GOBERNO

A CORUÑA

23981SI

AUD. PROV.-SEC. 4ª

A CORUÑA

23991SI

REXISTRO CIVIL ÚNICO

A CORUÑA

24001SI

DEC.-SCNE

A CORUÑA

24011SI

1ª INST. E INSTR. NÚM. 7

SANTIAGO DE COMPOSTELA

24031SI

XDO. DE PAZ

MELIDE

24021

SI

FISCALÍA

LUGO

24041SI

XDO. CONT.-ADMVO. NÚM. 2

OURENSE

2405

1SI

1ª INST. E INSTR.

O BARCO DE VALDEORRAS

24061SI

1ª INST. E INSTR.

RIBADAVIA

24071SI

FISCALÍA

PONTEVEDRA

24081SI

1ª INST. E INSTR. NÚM. 6

PONTEVEDRA

24091SI

XDO. PENAL NÚM. 1

PONTEVEDRA

24101SI

XDO. PENAL, NÚM. 3

PONTEVEDRA

24111SI

XDO. SOCIAL NÚM. 2

PONTEVEDRA

24121SI

AUD. PROV.-SEC. 5ª

VIGO

24171SI

DECANATO

VIGO

24181SI

1ª INSTANCIA NÚM. 4

VIGO

24191SI

1ª INSTANCIA NÚM. 9

VIGO

24201SI

XDO. INSTRUCCIÓN NÚM. 5

VIGO

24211SI

XDO. CONT.-ADMVO. NÚM. 1

VIGO

24221SI

XDO. SOCIAL NÚM. 2

VIGO

24231SI

XDO. SOCIAL NÚM. 3

VIGO

24241SI

1ª INST. E INSTR. NÚM. 2

CALDAS DE REIS

24131SI

1ª INST. E INSTR. NÚM. 3

CAMBADOS

24141SI

1ª INST. E INSTR. NÚM. 1

CANGAS

24151SI

XDO. DE PAZ

FORCAREI

24161SI