Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Luns, 24 de novembro de 2003 Páx. 14.498

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 9 de setembro de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación da proposta de resolución do expediente P-143/2003, incoado por infracción da Lei de pesca fluvial e devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data, resolvín publica-la proposta de resolución do procedemento sancionador que se instrúe por infracción da Lei 7/1992, de pesca fluvial.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente, de non efectualo voluntariamente, dispón o interesado dun prazo de quince (15) días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para formular cantas alegacións coide pertinentes. O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada, así como co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto) e no Decreto 14/2002, do 24 de xaneiro (DOG do 6 de febreiro), polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente.

Lugo, 9 de setembro de 2003.

Luis González Vázquez

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

Expediente: nº P-143/2003.

Denunciado: Pedro de la Fuente Rodríguez.

DNI: 34261173-M.

Enderezo: Sta. Clara, nº 55-bis, Monforte de Lemos, Lugo.

Feito denunciado: practica-lo deporte da pesca fluvial sen estar en posesión da preceptiva licencia en vigor. Feitos constatados o día 10-8-2003, ás 18.55 h no encoro de Belesar, O Saviñao, Lugo.

Precepto sancionador: artigo 34.1º da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Cualificación da sanción: menos grave.

Sanción: 300,51 euros.

Inhabilitación para obte-la licencia de pesca e para a práctica deste deporte por un período dun ano.