Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Luns, 24 de novembro de 2003 Páx. 14.497

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA, XUVENTUDE, DEPORTE E VOLUNTARIADO

RESOLUCIÓN do 12 de novembro de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto, trámite de urxencia e tramitación anticipada de gasto, para a contratación do servicio de limpeza dos locais que se citan.

A Delegación Provincial da Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-lo concurso que a seguir se cita:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado.

b) Dependencia que tramita o expediente: Delegación Provincial da Coruña.

c) Número de expedientes: dous, 29/2003 e 30/2003.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición: contratación dos servicios de limpeza.

b) División por lotes e número: 2

* Lote nº 1: expte. 30/2003, servicio de limpeza dos locais da delegación provincial.

* Lote nº 2: expte. 29/2003, servicio de limpeza das casas de xuventude de Curtis e Pontedeume, A Coruña

c) Prazo de execución: do 1 ó 31 de decembro de 2004 (12 meses).

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente e anticipada.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación. Importes totais:

Expediente 30/2003: 37.000 euros.

Expediente 29/2003: 20.000 euros.

5. Garantías:

a) Provisional: non se esixe.

b) Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Delegación Provincial da Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado da Coruña.

b) Domicilio: Avda. do Exército, 2-1º.

c) Localidade: A Coruña, 15006.

d) Teléfono: 981 18 57 10.

e) Telefax: 981 18 57 02.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o último día de presentación das proposicións, tódolos días laborables, agás sábado, das 9.00 ás 14.00 horas.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se esixe.

8. Presentación de ofertas ou solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: no prazo de trece días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que se presentará: a que se indica na cláusula 6ª do prego de cláusulas administrativas particulares e na indicada no prego de prescricións técnicas.

Tamén se poderán obte-los pregos relativos a estas contratacións nos seguintes enderezos da Internet:

http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=3324

http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=3325

c) Lugar de presentación:

1. Entidade: no rexistro xeral da Delegación Provincial da Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado, ou por calquera dos procedementos previstos no artigo 80 do Regulamento xeral de contratos do Estado. Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax, telex ou telegrama, no mesmo día.

2. Domicilio: Avda. do Exército, 2-1º.

3. Localidade e código postal: A Coruña, 15006.

d) Admisión de variantes: non.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: sala de xuntas da Delegación Provincial da Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado.

b) Domicilio: Avda. do Exército, 2-1º.

c) Localidade: A Coruña.

d) Data: o oitavo día natural contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que coincida en sábado ou festivo, a apertura terá lugar no día hábil seguinte.

e) Hora: 9.00.

10. Gastos do anuncio: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario do contrato.

A Coruña, 12 de novembro de 2003

Mª Rosa Gómez Díaz

Delegada provincial da Coruña