Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Luns, 24 de novembro de 2003 Páx. 14.474

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 17 de novembro de 2003, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se abre o prazo de presentación de solicitudes para a elaboración de diversas listas reguladas polo Decreto 217/2003, do 11 de abril, polo que se regula o nomeamento do persoal interino para o desempeño con carácter transitorio de prazas reservadas a funcionarios, e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia.

De conformidade co Decreto 217/2003, do 11 de abril (DOG do 16 de abril) polo que se establece o sistema de cobertura temporal dos postos de traballo vacantes da Administración a través dun sistema de lista única permanentemente aberta, co informe previo da Comisión de Persoal, esta direc

ción xeral acorda realiza-la convocatoria para a elaboración das devanditas listas, de conformidade coas seguintes

Bases

Base 1ª.-Obxecto.

O obxecto desta convocatoria é a elaboración de listas con aquelas persoas interesadas na cobertura, con carácter temporal, mediante a contratación de persoal laboral temporal, de postos de traballo dos grupos e categorías da Administración da Xunta de Galicia que figuran no anexo I, nos que a cobertura se considere de urxente necesidade mentres non sexan ocupados regulamentariamente.

As listas correspondentes ás categorías obxecto desta convocatoria e que foron elaboradas de acordo cos decretos 89/1997, do 10 de abril, e 70/2000, do 31 de marzo, continuarán en vigor ata a publicación das novas listas definitivas resultantes desta convocatoria.

Base 2ª.-Listas.

Confeccionarase unha única lista para cada grupo e categoría das que se especifican no anexo I.

O ámbito territorial para cada lista será o que se especifique no anexo I. Os interesados farán constar na súa instancia en qué ámbito dos sinalados no anexo I desexan presta-los seus servicios, ata un máximo de tres por cada categoría.

No caso de que algún interesado reciba citacións para o mesmo día de distintos ámbitos para prestar servicios en postos de traballo da mesma categoría, deberá comparecer necesariamente a un dos chamamentos. No caso de non ser seleccionado no ámbito ó que acudiu, deberá solicitar no mesmo acto ó órgano administrativo que faga consta-la súa presencia para os efectos de non ser excluído das listas tal como dispón o artigo 7.1º do Decreto 217/2003, do 11 de abril.

De conformidade co disposto no artigo 6º do Decreto 217/2003, do 11 de abril, a aceptación dun chamamento para un ámbito suporá a suspensión para o chamamento noutros ámbitos da lista, sen prexuízo do disposto no artigo 7.2º do devandito decreto.

Incluiranse nestas listas os solicitantes que reúnan as condicións para poder inscribirse nelas de acordo co establecido no artigo 8.1º do Decreto 217/2003, e a orde de prelación dos solicitantes virá dada pola puntuación obtida de acordo co baremo ó que se refire o artigo 8.2º do mencionado decreto.

Base 3ª.-Solicitudes.

3.1. As solicitudes que presenten os interesados para a súa inclusión na correspondente lista dirixiranse á directora xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública utilizando os impresos que para o efecto se atopan á disposición dos interesados nas oficinas de Información e Atención ó Cidadán e nas delegacións provinciais da Consellería da Pre

sidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, e que deben ser cubertas segundo as instruccións que se publican como anexo II a esta convocatoria.

3.2.1. O prazo para a presentación das solicitudes será desde o día seguinte ó da publicación desta convocatoria no DOG ata o 30 de xaneiro de 2004, e poderanse presentar no rexistro xeral da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, nas súas delegacións provinciais, oficinas comarcais da Xunta de Galicia, así como nos lugares previstos no artigo 38 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

3.2.2. Desde o día seguinte ó da publicación no DOG do anuncio de exposición das listas definitivas desta convocatoria, quedará permanentemente aberto o prazo para a presentación de novas solicitudes segundo o establecido nos artigos 3 e 8.4º do Decreto 217/2003, do 11 de abril.

Base 4ª.-Requisitos e méritos.

1. Os solicitantes deberán reuni-los requisitos e os méritos que se sinalan nesta resolución referidos como límite máximo ó día 31 de decembro de 2003. As solicitudes presentadas a partir do ano 2005 deberán reuni-los requisitos e méritos referidos ó 31 de decembro do ano inmediato anterior á dita solicitude.

En consecuencia, para as listas dos grupos e categorías convocadas por esta resolución quedará excepcionado durante o ano 2004 o prazo anual de actualización de méritos do mes de xaneiro establecido no artigo 8.5º do Decreto 217/2003, do 11 de abril.

Será requisito indispensable para poder inscribirse nas listas:

1.1. Posui-la titulación ou formación académica e os demais requisitos esixidos, de se-lo caso, que para cada categoría se especifican no anexo I.

No caso de titulacións obtidas no estranxeiro deberá estarse en posesión do documento que acredite fidedignamente a súa homologación.

1.2. Ser español ou nacional dalgún dos demais Estados membros da Unión Europea, ou nacional dalgún Estado, ó que en virtude dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España lle sexa de aplicación a libre circulación de traballadores.

Tamén poderán participar o cónxuxe dos españois, dos nacionais dalgún dos demais Estados membros da Unión Europea e dos nacionais dalgún Estado, ó que en virtude dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España lle sexa de aplicación a libre circulación de traballadores, sempre que non estean separados de dereito, así como os seus descendentes e os do seu cónxuxe, menores de vinteún anos ou maiores da dita idade que vivan ás súas expensas.

1.3. Ter cumpridos os 18 anos e non ter acadada a idade de xubilación.

2. Igualmente, os solicitantes deberán posuír para os grupos I, II e III o diploma ou certificado que acredite o grao de perfeccionamento do idioma galego, e para os grupos IV e V o grao de iniciación do idioma galego. Só se lles concederá validez ós cursos ou titulacións homologados pola Dirección Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Non obstante, este último requisito poderá acreditarse no momento en que o aspirante, unha vez citado, atenda o respectivo chamamento.

3. Así mesmo, terán que acreditar no momento en que acepten o posto de traballo que se lles oferte:

-Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co desempeño das correspondentes funcións.

-Non estar separado do servicio de ningunha Administración pública en virtude de expediente disciplinario nin inhabilitado por sentencia firme para o exercicio de funcións públicas.

-Declaración de non estar incurso nalgún dos supostos da normativa en materia de incompatibilidades (Lei 53/1984, do 26 de decembro, e demais normativa concordante).

Ademais, deberán estar en posesión dos requisitos esixidos nos puntos 1 e 2 desta base.

No suposto de que non acrediten estes requisitos, os solicitantes decaerán en tódolos seus dereitos e quedarán excluídos da lista.

Base 5ª.-Documentación.

Xunto coa solicitude deberá presentarse fotocopia do DNI e copia cotexada do título académico requirido nesta convocatoria e demais requisitos, de se-lo caso, que se pidan no anexo I, e o xustificante de ter aboado o importe da taxa por dereitos de inscrición que corresponda segundo a lexislación vixente. Estarán exentos do pagamento da taxa por dereitos de inscrición os que teñan unha discapacidade igual ou superior ó 33%, circunstancia que deberá ser acreditada documentalmente xunto coa instancia.

Para facer efectivo o ingreso da taxa deberá cubrirse o anexo III. Os modelos correspondentes a este anexo facilitaranse nas dependencias da Administración da Xunta de Galicia e deben cubrirse cos códigos que figuran nel. En relación ás solicitudes rexeitadas definitivamente, os interesados poderán solicitar, de se-lo caso, a devolución das taxas.

O diploma ou certificado polo que se acredite o grao de coñecemento do idioma galego poderase acreditar xunto coa solicitude ou no momento do chamamento, segundo o establecido no artigo 8.1º do Decreto 217/2003.

Os méritos que invoquen os interesados e que, de acordo co baremo previsto no artigo 8.2º do mencionado decreto desexen que se lles teñan en conta, así como o cumprimento dos requisitos esixidos para cada grupo e categoría, acreditaranse debidamente

mediante documentos orixinais ou fotocopias destes que se presentarán cotexadas fidedignamente, debendo numerarse, significándose que non se valorarán aqueles méritos que a comisión considere que non estivesen suficientemente acreditados.

No suposto de alegar méritos pola alínea a) do artigo 8.2º, ter superada algunha das probas do último proceso selectivo da Xunta de Galicia, non será necesario que o interesado o xustifique.

Os méritos ós que se refire a alínea b) do artigo 8.2º do referido decreto, polo último proceso selectivo completo superado de organismos autónomos dependentes da Xunta de Galicia, Parlamento de Galicia, Valedor do Pobo ou Consello de Contas, para ese mesmo grupo e categoría, acreditaranse mediante certificación xustificativa emitida polo órgano competente en materia de persoal.

Os méritos ós que se refire a alínea c) do artigo 8.2º do referido decreto, servicios prestados na Xunta de Galicia ou noutras administracións públicas no mesmo grupo e categoría, acreditaranse, no caso de tratarse de servicios prestados noutras administracións públicas, coa copia cotexada dos contratos orixinarios acompañados de informe de vida laboral expedido pola Tesourería Xeral da Seguridade Social. No caso de servicios prestados na Xunta de Galicia poderase presentar, ademais do establecido no parágrafo anterior, un certificado de servicios prestados onde veña especificado o grupo, a categoría, o tipo de persoal e os períodos, con data de inicio e remate do contrato, nos que estivo traballando o aspirante.

Os méritos ós que se refiren as alíneas e) e f) do artigo 8.2º do referido decreto, situación de desemprego e familiar a cargo do solicitante que non teña rendas, acreditaranse mediante certificado de vida laboral expedido pola Tesourería Xeral da Seguridade Social e declaración da renda do último período impositivo ou documento de valor análogo respectivamente.

Base 6ª.-Elaboración das listas.

6.1. A comisión permanente central e, de se-lo caso, as comisións permanentes provinciais de selección para a cobertura temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral, ás que se refire o artigo 4 do Decreto 217/2003, do 11 abril, serán as encargadas de elabora-las listas correspondentes. Por petición da comisión permanente, e cando o número de aspirantes así o faga aconsellable, poderá nomear subcomisións colaboradoras, e a súa función será participar na aplicación do baremo ós méritos alegados polos interesados.

6.2. Unha vez elaboradas as listas provisionais e definitivas, a Dirección Xeral da Función Pública publicará no DOG o anuncio da exposición destas nos taboleiros de anuncios do Servicio de Información e Atención ó Cidadán da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, nos das súas delegacións provinciais e nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia. Así mesmo, os ditos datos poderán consultarse nas páxinas oficiais da Internet da Xunta de Galicia.

Base 7ª.-Recursos.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderán os interesados interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación, perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, conforme os artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 17 de novembro de 2003.

Belén Prado Sanjurjo

Directora xeral da Función Pública

ANEXO I

GrupoCategoríaTitulación académica requiridaÁmbito territorial

I2Licenciado/a en mediciñaAutonómico

I6Licenciado/a en psicoloxíaAutonómico

I11Licenciado/a en pedagoxíaAutonómico

I14Licenciado/a en socioloxíaAutonómico

II2Diplomado/a en enfermeríaProvincial

II6Mestre, diplomado/a en educación social ou 1 ciclo da licenciatura de psicoloxía, pedagoxía ou licenciado/a en psicopedagoxíaProvincial

II11Diplomado/a en fisioterapiaProvincial

II17Diplomado/a en traballo socialProvincial

II20Diplomado/a en terapia ocupacionalProvincial

II

31

Especialidade papel: diplomado da Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais (especialidade de documentos gráficos) ou licenciado en Bellas Artes (especialidade documentos gráficos).

Especialidade arqueoloxía: diplomado da Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais (especialidade arqueoloxía) o licenciado en Bellas Artes (especialidade arqueoloxía)

Provincial e servicios

centrais

II38Arquitectura técnica ou enxeñería técnicaAutonómico

III

4

a) Técnico superior en aloxamento ou equivalente

b) Bacharelato, técnico/a superior ou equivalentes e tres anos de experiencia acreditada na categoría na Administración pública

Carné de manipulador de alimentos

Provincial

GrupoCategoríaTitulación académica requiridaÁmbito territorial

III

14

a) Técnico superior en restauración ou equivalente

b) Bacharelato, técnico/a superior ou equivalentes e tres anos de experiencia acreditada na categoría na Administración pública

Carné de manipulador de alimentos

Provincial

III

50

a) Técnico superior en educación infantil ou equivalente

b) Profesionais que sen ter ningunha das titulacións referidas presenten certificado expedido pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, de realización do curso de habilitación para profesionais do primeiro ciclo de educación infantil

Provincial

III54Técnico superior en integración social ou equivalente (FP II, educador diminuídos psíquicos (rama sanitaria))Lugo, Pontevedra

III

61

a) Técnico superior en análise e control//técnico superior en producción acuícola//técnico superior de diagnóstico clínico//técnico superior de anatomía patolóxica e citoloxía ou equivalentes

b) Ter superado o 1º ciclo de bioloxía, química, farmacia ou ciencias do mar

c) Bacharelato, técnico superior ou equivalentes e tres anos de experiencia acreditada na categoría na Administración pública

Provincial

III63Bacharelato, técnico superior ou equivalentes. Carné de conducir C ou C+EProvincial e servicios

centrais

III

65

Técnico superior en restauración ou equivalente

Bacharelato, técnico superior ou equivalentes e tres anos de experiencia acreditada na categoría na Administración pública

Carné de manipulador de alimentos

Provincial

III

66

a) Técnico superior en xestión e organización de empresas agropecuarias//técnico superior en xestión e organización de recursos naturais e paisaxísticos//técnico superior en producción de madeira e moble//técnico superior en desenvolvemento de productos en carpintería e moble//técnico superior en deseño e producción editorial//técnico superior en producción en industrias de artes gráficas//técnico superior en desenvolvemento e fabricación de productos cerámicos//técnico superior en fabricación e transformación de productos de vidro ou equivalentes.

b) Bacharelato, técnico superior ou equivalentes e tres anos de experiencia acreditada na categoría na Administración pública

Provincial

III

68

a) Técnico superior en xestión e organización de empresas agropecuarias//técnico superior en xestión e organización de recursos naturais e paisaxísticos//técnico superior en industrias alimentarias ou equivalentes

b) Bacharelato, técnico superior ou equivalentes e tres anos de experiencia acreditada na categoría na Administración pública

Provincial

III69a) Técnico superior en mantemento e montaxe de instalacións de edificio e proceso ou equivalente

b) Bacharelato, técnico superior ou equivalentes e tres anos de experiencia acreditada na Administración pública

Provincial

III

78

a) Técnico en aloxamento ou equivalente

b) Bacharelato, técnico/a superior ou equivalentes e tres anos de experiencia acreditada na categoría na Administración pública

Carné de manipulador de alimentos

Provincial

III

98

a) Técnico en imaxe/técnico superior de producción de audiovisuais, radio e espectáculos/técnico en realización de audiovisuais e espectáculos ou equivalentes

b) Bacharelato, técnico superior ou equivalentes e tres anos de experiencia acreditada na categoría na Administración pública

Autonómico

III103Bacharelato, técnico superior ou equivalente. Carné de conducir BAutonómico

IV3a) Técnico en coidados auxiliares de enfermería ou equivalente

b) FP II rama sanitaria, especialidade laboratorio, anatomía patolóxica ou equivalentes

Provincial

IV4Graduado en ESO, técnico (ciclo formativo grao medio) ou equivalenteProvincial

IV

5

a) Técnico de cociña ou equivalente

b) Técnico superior de restauración ou equivalente

c) Graduado en ESO, técnico (ciclo formativo grao medio) ou equivalente e dous anos de experiencia na categoría na Administración pública

Carné de manipulador de alimentos

Agrupación de municipios

IV

9

a) Técnico en explotacións agrarias extensivas//técnico en explotacións agrarias intensivas//técnico en explotacións gandeiras//técnico en xardinería//técnico en traballos forestais e de conservación do medio natural ou equivalentes

b) Técnico superior en xestión e organización de empresas agropecuarias//técnico superior en xestión e organización de recursos naturais e paisaxísticos ou equivalentes.

c) Graduado en ESO, técnico (ciclo formativo grao medio) ou equivalente e dous anos de experiencia na categoría na Administración pública

Provincial

IV

11

a) Técnico de laboratorio//técnico de operacións de proceso en planta química//técnico en coidados auxiliares de enfermería//técnico en operacións de cultivo acuícola ou equivalentes

b) Técnico superior en análise e control//técnico superior en producción acuícola//técnico superior de diagnóstico clínico//técnico superior de anatomía patolóxica e citoloxía ou equivalentes

c) Graduado en ESO, técnico (ciclo formativo grao medio) ou equivalente e dous anos de experiencia na categoría na Administración pública

Provincial

IV16Graduado en ESO, técnico (ciclo formativo grao medio) ou equivalente. Carné de conducir B con autorización BTPProvincial e servicios

centrais

IV17Graduado en ESO, técnico (ciclo formativo grao medio) ou equivalenteProvincial

IV35Graduado en ESO, técnico (ciclo formativo grao medio) ou equivalenteProvincial e servicios

centrais

IV36Graduado en ESO, técnico (ciclo formativo grao medio) ou equivalenteLugo e Ourense

IV38Graduado en ESO, técnico (ciclo formativo grao medio) ou equivalenteAutonómico

IV39Graduado en ESO, técnico (ciclo formativo grao medio) ou equivalenteProvincial

V1Certificado de escolaridade ou equivalente. Carné de manipulador de alimentosAgrupación de municipios

V2Certificado de escolaridade ou equivalenteÁmbito provincial

V3Certificado de escolaridade ou equivalenteAgrupación de municipios

V8Certificado de escolaridade ou equivalenteProvincial

V10DCertificado de escolaridade ou equivalente e curso de técnico superior en salvamento acuáticoAutonómico

V10ECertificado de escolaridade ou equivalenteProvincial e servicios

centrais

V11Certificado de escolaridade ou equivalente. Carné de manipulador de alimentosAgrupación de municipios

V12Certificado de escolaridade ou equivalenteProvincial

Relación e denominación das categorías das que se abren listas:

Grupo I.-Titulados superiores.

(002) Titulado/a superior médico/a//Médico/a xeriatra// Médico/a CEI// Médico/a adxunto/a// Médico/a.

(006) Titulado/a superior psicólogo/a.

(011) Titulado/a superior pedagogo/a.

(014) Titulado/a superior sociólogo/a.

Grupo II.-Titulados de grao medio.

(002) ATS// Enfermeiro/a// Practicante// DUE.

(006) Educador/a// Profesor/a especial.

(011) Fisioterapeuta.

(017) Asistente social.

(020) Terapeuta ocupacional.

(031) Restaurador/a.

(038) Perito-xudicial diplomado/a.

Grupo III.-Especialistas e encargados.

(004) Gobernante/a// Gobernante/a servicios domésticos// Encargado/a lavadoiro, roupeiro, ferro de pasar.

(014) Xefe/a de cociña.

(050) Técnico/a especialista xardín de infancia.

(054) ETAR.

(061) Oficial laboratorio// Analista 2ª// Axudante técnico/a laboratorio.

(063) Oficial 1ª conductor/a// Conductores/as 1ª// Conductores/as altos cargos// Conductor/a mecánico/a.

(065) Oficial 1ª cociña// Oficial 1ª cociñeiro/a// Xefe/a cociña// Cociñeiro/a 1ª.

(066) Axudante taller// Adxunto/a taller.

(068) Oficial 1ª agrario// Capataz agrario.

(069) Oficial servicios técnicos// Oficial 1ª mantemento// Oficial 1ª oficios varios// Oficial de primeira.

(078) Subgobernante/a.

(098) Auxiliar de luces.

(103) Entrevistador/a-enquisador/a.

Grupo IV.-Oficiais de 2ª administrativos e oficiais de 2ª.

(003) Auxiliar sanitario// Auxiliar clínica// Auxiliar psiquiátrico/a// Auxiliar de enfermería//Coidador/a xeriátrico// Coidador/a.

(004) Auxiliar fogar// Coidador/a auxiliar// Auxiliar coidador/a// Auxiliar de internado.

(005) Oficial 2ª cociña// Cociñeiro/a oficial 2ª.

(009) Oficial 2ª agrario/a.

(011) Auxiliar de laboratorio.

(016) Conductor/a.

(017) Almaceneiro/a// Despenseiro/a.

(035) Auxiliar de arquivos e bibliotecas.

(036) Auxiliar de museos.

(038) Auxiliar do teléfono de información ó cidadán.

(039) Auxiliar de autopsia.

Grupo V.-Persoal subalterno, de vixilancia e de servicios específicos non titulados.

(001) Camareiro/a-limpador/a// Axudante cociña// Pasador/a de ferro-lavandeiro/a// Costureiro/a// Cortador/a// Pasador/a de ferro// Lavandeiro/a.

(002) Axudante traballos ou oficios// Axudante albanel// Peón especializado// Fontaneiro/a// Axudante// Hortelán/a// Axudante traballos// Encargado/a xardín.

(003) Ordenanza// Celador/a// Vixilante oficinas// Vixilante nocturno/a// Vixilante// Subalterno/a// Porteiro/a// Recepcionista// Telefonista// Sereno// Garda// Garda xurado.

(008) Peón/a agrario/a.

(10D) Socorrista.

(10E) Vixilante de arquivos, bibliotecas e museos.

(011) Limpador/a// Fregador/a// Empregado/a comedor// Empregado/a cociña-pinche// Servicio doméstico// Mozo/a de limpeza// Pinche de cociña// Persoal servicios xerais.

(012) Peón/a// Laborante// Varredor/a// Mozo/a servicios// Mozo/a laboratorio// Mozo/a// Pastor/a// Xardiñeiro/a// Mozo/a transportes// Peón/a Xardiñeiro/a// EFU// Mozo/a mantemento// Mozo/a subalterno.

Ámbitos

U0000=Ámbito Autonómico.

Provincial:

D0000=Servicios Centrais.

D1500=Provincia da Coruña.

D2700=Provincia de Lugo.

D3200=Provincia de Ourense.

D3600=Provincia de Pontevedra.

Agrupación de municipios.

Provincia de A Coruña:

X1501=Arzúa (Arzúa/Boimorto/Curtis/Melide/O Pino/Santiso/Sobrado/Toques/Touro/Vilasantar).

X1502=Betanzos (Betanzos/Abegondo/Aranga/Bergondo/Cesuras/Coirós/Irixoa/Miño/Oza dos Ríos/Paderne/Sada).

X1503=Carballo (Carballo/Cabana de Bergantiños/Coristanco/A Laracha/Laxe/Malpica de Bergantiños/Ponteceso).

X1504=Cee (Cee/Camariñas/Corcubión/Dumbría/Fisterra/Muxía/Zas/Vimianzo).

X1505=A Coruña (A Coruña/Arteixo/Cambre/Carral/

/Culleredo/Oleiros).

X1506=Ferrol (Ferrol/As Pontes de García Rodríguez/Moeche/Narón/Neda/San Sadurniño/As Somozas/Valdoviño).

X1507=Muros (Muros/Carnota/Mazaricos).

X1508=Negreira (Negreira/A Baña/Ames/Brión/Santa Comba).

X1509=Noia (Noia/A Pobra do Caramiñal/Boiro/Lousame/Outes/Porto do Son/Ribeira).

X1510=Ordes (Ordes/Cerceda/Frades/Mesía/Oroso/Tordoia/Trazo/Val do Dubra).

X1511=Ortigueira (Ortigueira/Cariño/Cedeira/Cerdido/Mañón).

X1512=Padrón (Padrón/Dodro/Rianxo/Rois/Teo).

X1513=Pontedeume (Pontedeume/A Capela/Ares/Cabana de Bergantiños/Fene/Monfero/Mugardos/Vilamaior).

X1514=Santiago de Compostela (Santiago de Compostela/Boqueixón/Vedra).

Provincia de Lugo:

X2701=Becerreá (Becerreá/As Nogais/Baralla/Cervantes/Navia de Suarna/Pedrafita do Cebreiro).

X2702=Cervo-Foz (Cervo/Foz/Alfoz/O Valadouro/Burela).

X2703=Chantada (Chantada/Antas de Ulla/Carballedo/Monterroso/Taboada).

X2704=A Fonsagrada (A Fonsagrada/Baleira/Nogueira de Muñiz).

X2705=Lugo (Lugo/Begonte/Castro de Rei/Castroverde/Friol/Guitiriz/Guntín/Láncara/Meira/O Corgo/O Páramo/Outeiro de Rei/Palas de Rei/Pol/Portomarín/Rábade/Ribeira de Piquín).

X2706=Mondoñedo (Mondoñedo/A Pastoriza/Abadín/Lourenzá).

X2707=Monforte de Lemos (Monforte de Lemos/A Pobra de Brollón/Bóveda/O Saviñao/Pantón/Sober).

X2708=Quiroga (Quiroga/Folgoso do Courel/Ribas de Sil).

X2709=Ribadeo (Ribadeo/A Pontenova/Barreiros/Riotorto/Trabada).

X2710=Sarria (Sarria/O Incio/Paradela/Samos/Triacastela).

X2711=Vilalba (Vilalba/Cospeito/Muras/Xermade).

X2712=Viveiro (Viveiro/O Vicedo/Ourol/Xove).

Provincia de Ourense:

X3201=Allariz (Allariz/Baños de Molgas/Maceda/Xunqueira de Ambía/Xunqueira de Espadanedo).

X3202=Bande (Bande/Entrimo/Lobeira/Lobios/Muí-

ños/Padrenda/Verea).

X3203=O Barco de Valdeorras (O Barco de Valdeorras/A Rúa/A Veiga/Carballeda/Larouco/Petín/Rubiá/Vilamartín de Valdeorras).

X3204=O Carballiño (O Carballiño/Beariz/Boborás/Maside/O Irixo/Piñor/Punxín/San Amaro/San Cristovo de Cea).

X3205=Celanova (Celanova/A Bola/A Merca/Cartelle/Cortegada/Gomesende/Pontedeva/Quintela de Leirado/Ramirás).

X3206=Ourense (Ourense/Amoeiro/A Peroxa/Barbadás/Coles/Esgos/Nogueira de Ramuín/Parderne de Allariz/Parada de Sil/O Pereiro de Aguiar/San Cibrao das Viñas/Taboadela/Toén/Vilamarín).

X3207=A Pobra de Trives (A Pobra de Trives/A Teixeira/Castro Caldelas/Manzaneda/Chandrexa de Queixa/Montederamo/Río).

X3208=Ribadavia (Ribadavia/A Arnoia/Avión/Beade/Carballeda de Avia/Castrelo de Miño/Cenlle/Leiro/Melón).

X3209=Verín (Verín/Castrelo do Val/Cualedro/Laza/Monterrei/Oímbra/Ríos/ Vilardevós).

X3210=Viana do Bolo (Viana do Bolo/A Gudiña/A Mezquita/O Bolo/Vilariño de Conso).

X3211=Xinzo de Limia (Xinzo de Limia/Baltar/Calvos de Randín/Os Blancos/Porqueira/Rairiz de Veiga/Sandiás/Sarreaus/Trasmiras/Vilar de Barrio/Vilar de Santos).

Provincia de Pontevedra:

X3601=Caldas de Reis (Caldas de Reis/Barro/Campo Lameiro/Cuntis/Moraña/Pontecesures/Portas/Valga).

X3602=A Cañiza (A Cañiza/Arbo/Crecente/Covelo).

X3603=A Estrada (A Estrada/Forcarei/Silleda).

X3604=Lalín (Lalín/Agolada/Dozón/Rodeiro/Vila de Cruces).

X3605=Ponteareas (Ponteareas/As Neves/Mondariz/Mondariz-Balneario/Salvaterra de Miño).

X3606=Pontevedra (Pontevedra/A Lama/Bueu/Cerdedo/Cotobade/Marín/Meaño/O Grove/Poio/Ponte Calde-

las/Sanxenxo/Vilaboa).

X3607=Redondela (Redondela/Fornelos/Pazos de Borbén/Soutomaior).

X3608=Tui (Tui/A Guarda/O Rosal/Oia/Salceda de Caselas/Tomiño).

X3609=Vigo (Vigo/Baiona/Cangas/Gondomar/Moaña/Mos/Nigrán/O Porriño).

X3610=Vilagarcía de Arousa (Vilagarcía de Arousa/Cambados/Catoira/Meis/Ribadumia/Vilanova de Arousa).