Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Venres, 21 de novembro de 2003 Páx. 14.447

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VERÍN

ANUNCIO de convocatoria de concurso das obras de recuamento iluminación pública afectado polas obras da estrada OU-310, tramo Verín-Vilardevós.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Verín. b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría. c) Número de expediente: 338/2003.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: obras de recuamento da iluminación pública afectado polas obras da estrada OU-310, tramo Verín-Vilardevós.

b) Lugar de execución: Verín.

c) Prazo de execución: un mes.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente. b) Procedemento: aberto. c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 122.494,43 euros.

5. Garantías.

Provisional: 2% do orzamento base de licitación.

Definitiva: 4% do orzamento da adxudicación, incrementada co 4% do orzamento de execución por contrata das mellora ofertadas, no seu caso.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Verín, b) Domicilio: praza do concello. c) Localidade e código postal: Verín 32600. d) Teléfono: 988 41 03 34. e) Fax: 988 41 19 00. f) Data límite da obtención de documentos e información: o décimo terceiro día natural (13 días naturais) desde o seguinte ó da publicación do presente edicto no DOG (se o último día do prazo coincidise con sábado, domingo ou con festivo, prorrogarase ata o seguinte día natural non festivo).

7. Requisitos específicos do contratista: non se esixen.

8. Presentación das proposicións.

a) Data límite de presentación: o décimo terceiro día natural (trece días naturais) desde o seguinte ó da publicación deste edicto no DOG (se o último día do prazo coincidise con sábado, domingo ou festivo, prorrogarase ata o seguinte día natural non festivo).

b) Documentación que integrará as ofertas: a que se indica na cláusula correspondente das do prego que rexe a contratación.

c) Lugar de presentación: (mesmos datos punto 6).

d) Prazo durante o cal o licitador se obriga a mante-la súa oferta: ata a sinatura do contrato.

e) Admisión de variantes: admítense as que supoñan unha mellora do obxecto da contratación, sempre que se cumpran as previsións do prego de cláusulas que rexe na contratación.

9. Apertura das ofertas.

a) Data: o primeiro día natural seguinte ó da finalización do prazo para presentar proposicións, salvo que coincida con sábado, domingo ou festivo, suposto no cal, a licitación terá lugar o primeiro día natural posterior.

b) Hora: 12.00 horas.

10. Outras informacións.

a) Criterios de valoración: os que se sinalan nas bases da contratación.

b) Aprobación expediente de contratación: Decreto do 12-11-2003.

c) Consulta documentación: imprenta Monterrey, avda. de Portugal, fronte á praza do Concello. Teléfono: 988 41 02 66.

11. Gastos de anuncios: serán sempre por conta do adxudicatario.

Verín, 12 de novembro de 2003.

Juan Manuel Jiménez Morán

Alcalde