Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Venres, 21 de novembro de 2003 Páx. 14.447

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VERÍN

ANUNCIO da aprobación definitiva Plan especial de protección e reforma interior do barrio de San Lázaro e do núcleo antigo de Verín.

En cumprimento do que dispón o artigo 70.2º da Lei reguladora das bases do réxime local e do arti

go 92.2º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, faise pública a aprobación definitiva do Plan especial de protección e reforma interior do barrio de San Lázaro e do núcleo antigo de Verín, aprobada polo Pleno en sesión de data 27-10-2003, recolléndose a continuación a parte dispositiva do acordo que se adoptou:

Primeiro.-Aprobar definitivamente o Plan especial de protección e reforma interior (Pepri) do barrio de San Lázaro e do núcleo antigo de Verín, presentado polo equipo adxudicatario da súa redacción, en cumprimento das prescricións establecidas pola Lei do solo de Galicia.

Segundo.-Proceder, en cumprimento do establecido no artigo 92 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, á publicación do acordo de aprobación definitiva no prazo dun mes, no Diario Oficial de Galicia, e o documento que conteña a normativa e as ordenanzas, no BOP.

Faise constar que con data 7-11-2003 procedeuse, en cumprimento do establecido no artigo 92.3º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, a comunicar á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, a aprobación definitiva do Pepri, así como que se procedeu a dar traslado de copia de dous exemplares do instrumento aprobado definitivamente, con tódolos planos e documentos que integran o plan sobre o que recaeu o acordo de aprobación definitiva.

O que se fai público para xeral coñecemento e para que os interesados ós que non se lles notifique persoalmente o acordo de aprobación definitiva porque non formularon alegacións durante o período de información pública que tivo lugar trala aprobación inicial, poidan interpor recurso contencioso-administrativo perante a sala desta xurisdicción con sede na Coruña no prazo dos dous meses seguintes á data de publicación deste edicto no BOP de Ourense no que se inserirá o texto íntegro das ordenanzas e da normativa do Pepri, o cal entrará en vigor cando transcorran 15 días hábiles logo da dita publicación no BOP.

Verín, 7 de novembro de 2003.

Juan Manuel Jiménez Morán

Alcalde