Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Venres, 21 de novembro de 2003 Páx. 14.446

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO.

O Concello de Oleiros contrata, por medio de concurso, con procedemento aberto, a execución da obra seguinte:

Obxecto: reforma do andar baixo e do primeiro da casa do concello.

Orzamento de licitación: 253.340,67 euros.

Clasificación: grupo C, subgrupo 6, categoría d.

Fianzas: provisional: non se esixe; definitivia: 4% do importe de adxudicación.

Taxas da licitación: 65,43 euros.

Prazo de execución: cento vinte días hábiles.

Proposicións: poderán presentarse no rexistro xeral do Concello de Oleiros durante o prazo de vinteseis días (26) naturais contados a partir do día seguinte ó da última publicación do anuncio de licitación xa sexa no BOP ou no DOG; ata as 13.00 horas.

Prego de condicións: poderá recollerse na Secretaría Xeral do Concello de Oleiros, desde as 9.00 ata as 13.00 horas.

Os gastos de publicación deste anuncio serán por conta do adxudicatario.

Oleiros, 11 de novembro de 2003.

Ángel García Seoane

Alcalde