Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Venres, 21 de novembro de 2003 Páx. 14.446

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (FG-393).

O Concello Pleno, en sesión extraordinaria do 3 de outubro de 2003, acordou aprobar definitivamente a remisión da documentación establecida no artigo 92 da Lei 9/2002, á consellería o día 20-10-2003, do Plan parcial do SUP 2-R Meixón Frío, en Liáns.

Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado ou Sala do Contencios-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade cos artigos 8, 9 e 10 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, no prazo de dous meses. Previa e potestativamente poderase interpoñer recurso de reposición, de conformidade co artigo 116 da Lei 30/1992, no prazo dun mes.

Tamén poderá interpoñe-lo recurso extraordinario de revisión cando concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 118 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, pola que se aproba o réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, nos prazos establecidos no punto 2º do mesmo artigo 118. Todo isto sen prexuízo do dereito dos interesados a formularen a solicitude e a instancia á que se refiren os artigos 102.1º e 105.2º da devandita lei.

Oleiros, 20 de outubro de 2003.

Alfredo Novoa Gil

Alcalde-presidente en funcións