Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Venres, 21 de novembro de 2003 Páx. 14.436

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de outubro de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/120-2, 6102 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 27007 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. O Mosteiro-Lamas.

Situación: Cervantes.

Características técnicas: L.M.T. aérea núa a 20 kV, cunha lonxitude de 169 m con orixe na L.M.T. Pontes de Gatín-Doiras e final no C.T. Lamas.

C.T. intemperie Lamas cunha potencia de 50 kVA e unha relación de transformación 20.000/380-220 V.

R.B.T. cunha lonxitude de 1.740 m con orixe no C.T. Lamas, conductor R.Z. e apoios de formigón e madeira.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Lugo, 14 de outubro de 2003.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo