Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Venres, 21 de novembro de 2003 Páx. 14.436

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 6 de outubro de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/631-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: Travesía de Vigo 204, 36207 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.S. estrada O Porriño, 39.

Situación: Redondela.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 15 kV con conductor tipo R.H.V. de 475 m de lonxitude, con orixe na L.M.T. Redondela 6 e remate no centro de seccionamento que se proxecta, con tres celas SF6, situado na estrada do Porriño 39, no concello de Redondela.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 6 de outubro de 2003.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra