Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Venres, 21 de novembro de 2003 Páx. 14.413

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE SANIDADE

CORRECCIÓN de erros.-Decreto 409/2003, do 6 de novembro, polo que se modifica o Decreto 186/2003, do 6 de marzo, polo que se fixan o procedemento, os requisitos e as condicións de autorización dos centros hospitalarios da Comunidade Autónoma de Galicia.

Publicado o devandito decreto no Diario Oficial de Galicia número 226, do xoves 20 de novembro de 2003, no sumario e no interior, páxinas 14.357 e 14.362, baixo o epígrafe de CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA, cómpre advertir que debe figurar baixo o epígrafe: CONSELLERÍA DE SANIDADE.