Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Xoves, 20 de novembro de 2003 Páx. 14.397

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 23 de outubro de 2003, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador OU 155/03 IN, devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ó denunciado, cos datos persoais e derradeira dirección coñecida que se sinalarán a seguir, a proposta de resolución do correspondente expediente sancionador por presunta infracción á Lei 81/1968, do 5 de decembro, de incendios forestais e do seu regulamento, apro

bado polo Decreto 3769/1972, do 23 de decembro, en relación coa Resolución do 11 de febreiro do 2003, da Dirección Xeral de Montes e Industrias Forestais, sobre medidas para a prevención de incendios forestais durante o ano 2003, ó non ser posible a súa notificación a través do servicio de correos.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, o expedientado disporá dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para que poida examina-lo expediente nesta delegación provincial, sita na rúa do Paseo nº 18, 5º andar e achegar por escrito as alegacións e os documentos, informacións ou proposta de probas que considere convenientes na defensa dos seus dereitos segundo o establecido no Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.

Para resolve-lo expediente é competente por razón da contía da multa o delegado provincial de Medio Ambiente de acordo co artigo 141 do regulamento da Lei de incendios forestais.

O pagamento voluntario poderá implica-la terminación do procedemento sen prexuízo da posibilidade de interpoñe-los recursos procedentes (artigo 8.2º do Real decreto 1398/1993). O importe da sanción que en cada caso corresponda farase efectiva na conta de recadación de multas e sancións da Xunta de Galicia, empregando o impreso oficial que se facilitará na Delegación Provincial de Ourense.

Ourense, 23 de outubro de 2003.

Montserrat González Pérez

Instructora

Visto e prace

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente nº/ano: OU 155/03 IN.

Denunciado: José Manuel Ferreiro Carneiro.

DNI: 76703762.

Último enderezo coñecido: Benigno Esperón nº 15, 2º, 36994 Poio.

Feito denunciado: abandono de vehículo OR-5156-H.

Precepto infrinxido e sancionador: artigo 137 e) do Regulamento do 23-12-1972, en relación coa Resolución do 11-2-2003 da DXM e IF.

Sanción: 300,51 A.