Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Xoves, 20 de novembro de 2003 Páx. 14.379

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 31 de outubro de 2003 pola que se nomea profesora titular de escola universitaria da área de coñecemento de composición arquitectónica, do departamento de Composición, a Isabel Aguirre Urcola (praza 216/2001).

De conformidade coa proposta da comisión designada para xulga-lo concurso que convocou esta universidade por Resolución do 13 de novembro de 2001 (BOE do 27 de novembro), para a provisión da praza número 01/216 de profesora titular de escola universitaria da área de coñecemento de composición arquitectónica, do departamento de Composición desta universidade, a favor de Isabel Aguirre Urcola, e unha vez que a interesada acreditara os requisitos ós que alude o punto 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro.

Este rectorado, no uso das atribucións que lle confire o artigo 20 da Lei 6/2001, do 21 de decembro, de universidades e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Isabel Aguirre Urcola, profesora titular de escola universitaria da área de coñecemento de composición arquitectónica, do departamento de Composición desta universidade.

A Coruña, 31 de outubro de 2003.

P.D. (Resolución 26-9-2003)

Eliseo Alfonso Barca Lozano

Rector da Universidade da Coruña en funcións