Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Xoves, 20 de novembro de 2003 Páx. 14.379

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 31 de outubro de 2003 pola que se nomea profesor titular de universidade da área de coñecemento de fisioloxía, do departamento de Medicina, a Luis Miguel Martínez Otero (praza 125/2001).

De conformidade coa proposta da comisión designada para xulga-lo concurso que convocou esta universidade por Resolución do 13 de novembro de 2001 (BOE do 27 de novembro), para a provisión da praza número 01/125 de profesor titular de universidade da área de coñecemento de fisioloxía, do departamento de Medicina desta universidade, a favor de Luis Miguel Martínez Otero, e unha vez que o interesado acreditara os requisitos ós que alude o punto 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro.

Este rectorado, no uso das atribucións que lle confire o artigo 20 da Lei 6/2001, do 21 de decembro, de universidades e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Luis Miguel Martínez Otero, profesor titular de universidade da área de coñecemento de fisioloxía, do departamento de Medicina desta universidade.

A Coruña, 31 de outubro de 2003.

P.D. (Resolución 26-9-2003)

Eliseo Alfonso Barca Lozano

Rector da Universidade da Coruña en funcións