Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Xoves, 20 de novembro de 2003 Páx. 14.365

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 3 de novembro de 2003 pola que se autoriza o centro privado Cardenal Cisneros de Ourense para imparti-las ensinanzas de bacharelato das modalidades de ciencias da natureza e da saúde e humanidades e ciencias sociais.

Examinado o expediente presentado polo centro privado Cardenal Cisneros de Ourense, no que solicita autorización para imparti-las ensinanzas de bacharelato das modalidades de ciencias da natureza e da saúde e humanidades e ciencias sociais.

Tendo en conta que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial da Consellería de Edu

cación e Ordenación Universitaria de Ourense, quen o remite cos informes correspondentes.

Vistos a Lei 1/1990, do 3 de outubro (BOE do 4 de outubro), de ordenación xeral do sistema educativo; a Lei orgánica 10/2002, do 23 de decembro, de calidade da educación; o Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26 de xuño), polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral non universitarias; o Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22 de maio), sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro) que o desenvolve.

Considerando que concorren no expediente os requisitos esixidos nas disposicións vixentes para poder acceder ó solicitado.

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Ordenación Educativa,

DISPÓN:

Primeiro.-Autoriza-lo centro privado Cardenal Cisneros de Ourense para imparti-las ensinanzas de bacharelato das modalidades de ciencias da natureza e da saúde e humanidades e ciencias sociais, segundo se especifica no anexo desta orde.

Segundo.-Queda o centro obrigado ó cumprimento da lexislación vixente e a solicita-la oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que sinala esta orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes, a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 3 de novembro de 2003.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Provincia: Ourense.

Concello: Ourense.

Localidade: Ourense.

Enderezo: r/ Emilia Pardo Bazán, 21.

Código do centro: 32009062.

Denominación: centro privado Cardenal Cisneros.

Titular: Julio Taboada Bonastre.

Composición resultante:

a) Centro de educación infantil: 1 unidade do 2º ciclo.

b) Centro de educación primaria: 6 unidades.

c) Centro de educación secundaria:

4 unidades de educación secundaria obrigatoria.

2 unidades da modalidade de ciencias da natureza e da saúde e 2 unidades da modalidade de humanidades e ciencias sociais.