Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Mércores, 19 de novembro de 2003 Páx. 14.350

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 31 de outubro de 2003, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Ourense, pola que se anuncia o concurso público de subministracións de publicacións periódicas, bases de datos e revistas de acceso on line para a biblioteca do Complexo Hospitalario de Ourense (C.P. 34/2003).

O xerente xeral do Complexo Hospitalario de Ourense, en virtude das atribucións que lle foron delegadas polo conselleiro de Sanidade na Orde do 14 de marzo de 2002 (DOG nº 66, do 5 de abril), resolve convoca-lo seguinte concurso público:

Expediente: C.P. 34/2003.

Obxecto: adquisición de publicacións periódicas, bases de datos e revistas de acceso on line para a biblioteca (3 lotes). Os licitadores poderán concorrer a un, a varios ou á totalidade dos lotes que se enumeran no prego de prescricións técnicas.

Orzamento: 256.693 euros, IVE incluído.

Forma de adxudicación: procedemento aberto mediante concurso público, polo trámite urxente e anticipado.

Prazo de execución: desde o 1-1-2004 ata o 31-12-2005.

Admisión de variantes: non se admiten.

Solvencia económica, financeira e técnica: ver puntos 16 e 17 da cara do prego de cláusulas administrativas particulares.

Criterios de adxudicación: 1) Prestacións e servicio de distribución, ata 60 puntos. 2) Prezo, ata 40 puntos.

Documentación de interese para os licitadores: os pregos de cláusulas administrativas particulares, técnicas e demais documentación complementaria poden ser solicitados no Servicio de Compras do Complexo Hospitalario de Ourense; rúa Ramón Puga, 52 (edificio de administración-planta baixa), de Ourense, en días hábiles, das 9.00 ás 14.00 horas, agás sábados. Para consultar datos: http://www.sergas.es

Garantías: provisional: ver punto 10 da cara do prego de cláusulas administrativas particulares. Definitiva: 4% do orzamento de adxudicación do lote/s adxudicado/s, á formalización do contrato.

Presentación de proposicións: deberán ser presentadas en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral

do Complexo Hospitalario de Ourense, antes das 14.00 horas do décimo día natural contado desde o seguinte ó da publicación desta resolución no DOG. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, o prazo de presentación finalizará o seguinte día hábil.

Apertura de proposicións: terá lugar en acto público na sala de xuntas anexa á Dirección de Recursos Económicos e SS.XX. do complexo hospitalario, ás 9.00 horas do oitavo día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentación que achegarán os licitadores: os documentos sinalados nos pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas.

Anuncios: o pagamento será por conta do/s adxudicatario/s.

Ourense, 31 de outubro de 2003.

Alfonso Clemente González

Xerente xeral do Complexo Hospitalario

de Ourense