Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Mércores, 19 de novembro de 2003 Páx. 14.349

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 20 de outubro de 2003, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Ourense, pola que se fai pública a adxudicación do concurso público 25/2003, que ten por obxecto o alugamento con opción de compra de equipamentos informáticos.

O xerente xeral do Complexo Hospitalario de Ourense, en virtude das atribucións que lle foron delegadas na orde do conselleiro de Sanidade do 14 de marzo de 2002 (DOG nº 66, do 5 de abril), acordou darlle publicidade á adxudicación do contrato de alugamento con opción de compra que se cita, efectuada despois da tramitación do correspondente expediente administrativo de concurso público.

1. Entidade adxudicadora: Servicio Galego de Saúde, Complexo Hospitalario de Ourense, Servicio de Compras, rúa Ramón Puga, 52-E, 32005 Ourense; teléfono 988 38 57 02, fax 988 38 58 49.

2. Modalidade de adxudicación elixida: concurso público polo procedemento aberto.

3. Data de adxudicación do contrato: 29 de agosto de 2003.

4. Criterios de adxudicación do contrato: conforme o número 11 do prego de cláusulas administrativas particulares.

5. Número de ofertas recibidas: cinco.

6. Provedor: Inforhouse, S.L.

7. Obxecto da contratación, número CPA: CPV: 30231000-7.

8. Prezo: 310.615,20 A.

9. Data de publicación do anuncio no:

Diario Oficial de las Comunidades Europeas: 11-6-2003 (2003/S 110-098626/ES).

Boletín Oficial del Estado: 13-6-2003 (nº 141).

Diario Oficial de Galicia: 4-7-2003 (nº 129).

10. Data de envío deste anuncio: 3 de novembro de 2003.

11. Data de recepción do presente anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas (reservado á OPOCE).

Ourense, 20 de outubro de 2003.

Alfonso Clemente González

Xerente xeral do Complexo Hospitalario

de Ourense