Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Mércores, 19 de novembro de 2003 Páx. 14.330

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 3 de novembro de 2003, da Dirección Xeral de Urbanismo, pola que se fai pública a aprobación definitiva do proxecto sectorial do parque empresarial de Mondoñedo (Lugo).

En cumprimento do disposto no artigo 13 do Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal, faise público o acordo, do 16 de outubro

deste ano, adoptado polo Consello da Xunta de Galicia aprobando definitivamente o proxecto sectorial do parque empresarial de Mondoñedo, que literalmente di:

«1. Aprobar definitivamente o proxecto sectorial do parque empresarial de Mondoñedo, para os efectos establecidos pola Lei 10/1995, de ordenación do territorio de Galicia e polo Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal.

2. Declara-la utilidade pública e interese social das obras, instalacións e servicios previstos, así como

a necesidade de ocupación para efectos de expropiación dos bens e dereitos necesarios para a execución do proxecto sectorial do parque empresarial de Mondoñedo.

3. Declarar de marcado carácter territorial as obras previstas no proxecto sectorial para os efectos do disposto no artigo 11.3º do Decreto 80/2000, do 23 de marzo, e na disposición adicional primeira da Lei 10/1995, de ordenación do territorio de Galicia, segundo a redacción recollida na disposición derradeira primeira da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

4. Consonte o disposto nos artigos 24 da dita Lei 10/1995 e 11.2º do xa citado Decreto 80/2000, deberase modifica-lo planeamento urbanístico municipal para adecua-las súas determinacións ó proxecto que se aproba.

5. O proxecto sectorial de referencia entrará en vigor ó día seguinte da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia».

Contra o devandito acordo cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación, segundo dispoñen os artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 3 de novembro de 2003.

Martín Fernández Prado

Director xeral de Urbanismo