Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Martes, 18 de novembro de 2003 Páx. 14.253

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL

RESOLUCIÓN do 30 de outubro de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a notificación das resolucións dos expedientes sancionadores por infraccións en materia de espectáculos públicos que se citan.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícaselle ás persoas que de seguido se relacionan, a quen non se lle puido facer por correo certificado, as resolucións dictadas nos expedientes de sanción, por infraccións en materia de espectáculos públicos, co número que se cita a seguir:

NomeDNI/NIFNº expedientePrecepto infrinxidoÚltimo domicilioResolución

Covamoura, S.L.B-27104744LU-E 143/200326 e) LO 1/1992R/ Rosalía de Castro (Pub 4-70), BurelaSanción de 90 A

Fernández y Vázquez, C.B. (Manuel Fernández Redondo y Mario Vázquez Fernández)E-27187384LU-E 166/200323 ) en relación co 26 e) LO 1/1992Rúa Nova, 39, LugoSanción de 500 A e 10 días de suspensión da licencia municipal de apertura

Fernández y Vázquez, C.B. (Manuel Fernández Redondo e Mario Vázquez Fernández)E-27187384LU-E 180/200323 o) en relación co 26 e) LO 1/1992Rúa Nova, 39, LugoSanción de 600 A e 10 días de suspensión da licencia municipal de apertura

Juan Rogero Ayllón35566655LU-E 19/200323 o) en relación co 26 e) LO 1/1992R/ Campos Novos, 37-3º G, LugoSanción de 700 A e 10 días de suspensión da licencia municipal de apertura

Manuel Pérez Maseda77592635LU-E 114/200326 e) LO 1/1992R/ Pasarón y Lastra, 2, RibadeoSanción de 90 A

Contra estas resolucións poderá interpoñe-lo interesado recurso de alzada, perante o conselleiro de Xustiza, Interior e Administración Local, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da súa notificación.

Advírtase que, de non ser presentado éste en tempo e forma, deberá de aboa-la multa imposta no período de pagamento voluntario sinalado no boletín de multas e que pode recoller nas dependencias da delegación provincial da consellería, a favor do Tesouro da Facenda galega, na conta restrinxida que consta no devandito boletín, en calquera das oficinas da entidade bancaria Caixa Galicia, facendo consta-lo número do expediente sancionador. Transcorrido o dito prazo, procederase ó cobramento pola vía de constrinximento, de conformidade co establecido na disposición segunda da orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG do 5 de decembro).

Lugo, 30 de outubro de 2003.

Manuel Teijeiro Álvarez

Delegado provincial de Lugo