Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Martes, 18 de novembro de 2003 Páx. 14.251

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

CÉDULA do 30 de outubro de 2003, da Delegación Territorial de Pontevedra, de notificación da resolución de incoación de expediente administrativo sancionador e de restitución e reposición da legalidade P-UL-59.01/19, a R. Martínez Álvarez por realización de obras no lugar de Punta Vilariño, termo municipal de Cangas, por presunta infracción da lexislación de costas.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións publicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que se relaciona no anexo I o acordo da delegada territorial desta consellería en Vigo, polo que se acorda a incoación de expediente administrativo sancionador e de restitución e reposición da legalidade nº P-UL-59.01/19, a R. Martínez Álvarez por realización de obras consistentes na ampliación de vivenda, no lugar de Punta Vilariño, termo municipal de Cangas, polos feitos sinalados, presumiblemente constitutivos dunha infracción da Lei 22/1988, de costas (no sucesivo L.C.) e do seu Regulamento xeral para o desenvolvemento e execución da L.C., aprobado polo Real decreto 1471/1989 e modificado polos RR.DD. 1112/1992 e 1771/1994 (en adiante R.C.), nomeándose o persoal do Servicio de Usos do Litoral desta delegación territorial, como instructor a Alfonso Fernández Fernández e secretario a Francisco

Javier Fernández Rosendo, (Decreto 125/2002, do 4 de abril).

Os nomeamentos de instructor e secretario poderán ser impugnados polas causas establecidas nos artigos 28 e 29 da Lei 30/1992.

En virtude do anterior acordo o instructor do expediente formulou prego de cargos, do que se relacionan no anexo II, os preceptos infrinxidos, sancionadores e a posible contía da sanción polos feitos imputados, o expedientado dispón dun prazo de dez (10) días, contados a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia para formular alegacións e propoñer, se é o caso, a práctica daquelas probas que considere pertinentes para a determinación dos feitos, tal como dispón o artigo 194.8º do R.C.

De conformidade co establecido no artigo 120 da Lei 53/2002, de 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, que modifica o artigo 102 da Lei 22/1988, do 28 de xullo, de costas, cómpre informalo de que o prazo para notificación da resolución dos procedementos sancionadores será de doce meses. Transcorrido este sen que se produza aquela, dictarase resolución declarando a caducidade do procedemento e ordenarase o arquivo das actuacións cos efectos previstos na lexislación vixente. A caducidade non producirá por si soa a prescrición das accións do particular ou da Administración, pero os procedementos caducados non interromperán o prazo de prescrición (artigo 92.3º da Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro).

Así mesmo, cómpre informalo que este prazo de doce meses quedará suspendido:

Cando deba requirirse o interesado emenda de deficencias, achega de documentos e outros elementos de xuízo necesarios, polo tempo que medie entre as notificacións e o seu efectivo cumprimento polo interesado ou, no seu defecto, polo transcurso do prazo concedido.

Cando deban solicitarse informes, desde a súa petición, que deberá notificarse ó interesado, ata a súa recepción, non excedendo en ningún caso de tres meses.

Cando deban realizarse probas técnicas ou análises contradictorias, polo tempo necesario para a incorporación dos resultados ó expediente.

Vigo, 30 de outubro de 2003.

Paloma Rueda Crespo

Delegada territorial de Pontevedra

ANEXO I

Expediente número: P-UL-59.01/19.

Denunciado/a: R. Martínez Álvarez.

Condición: promotor.

Último enderezo coñecido: r/ Monte San Cibrán, nº 11, Aldán, 36940 Cangas.

Data da resolución: 19-9-2003.

Feitos: ampliación de vivenda.

Lugar: Punta Vilariño.

Concello: Cangas.

Medidas de carácter provisional: ordena-la inmediata paralización das obras ou actividades obxecto do presente expediente, advertíndolle que, noutro

caso, se procederá ó seu precinto ou á retirada dos materiais preparados para seren utilizados na obra e a maquinaria afecta a esta, de conformidade cos artigos 103 e 104 da L.C. e 194 e 195 do R.C.

Contra esta orde de paralización poderá interpoñerse recurso de alzada perante o conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos no prazo dun mes, contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Circuntancias modificativas: se o presunto infractor corrixe no prazo de quince (15) días a situación creada polos feitos que son obxecto deste expediente, poderá reducirse ata a metade a contía da multa que puidera impoñerse., segundo os artigos 97.3º da L.C. e 187.1º do R.C.

ANEXO II

Preceptos infrinxidos: artigos 25.2º e 26.1º da L.C., 46.1º e 48.1º do R.C. e DD.TT. cuarta 2 c) da L.C. e décimo terceira 1 c) do R.C.

Preceptos sancionadores: artigos 90 c), e 95.1º da L.C. e 174 c) 179.1º do R.C.

Cualificación e contía da posible sanción: artigos 91.2º e) e 97.1º da L.C. e artigos 175.2º e) e 183 b) en relación co artigo 184 do R.C., podendo recaer unha multa do 25% do valor das obras executadas.