Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Martes, 18 de novembro de 2003 Páx. 14.242

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 2 de outubro de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/63-2, 6029 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: Cidade de Viveiro, 4, 27002 Lugo.

Denominación: reforma C.T.I. San Pedro.

Situación: concello de Alfoz.

Descricións técnicas:

-L.A.T. xeral cunha lonxitude de 138,44 m, terá a súa orixe no apoio existente anterior á derivación do antigo C.T.I. San Pedro (a desmontar) e finalizará no apoio nº 2 onde se entroncará a derivación ó novo C.T.I. San Pedro.

-L.A.T. derivación a C.T.I. San Pedro con orixe no apoio nº 2 da liña xeral e final en C.T.I. San Pedro cunha lonxitude de 20,25 m.

-C.T. tipo intemperie sobre torre metálica cunha potencia de 160 kVA e unha relación de transformación 20.000/380-220 V.

-R.B.T. executada en R.Z. 95 tensada sobre apoios de formigón, substituiranse apoios existentes para redistribuí-los diferentes circuítos desde a nova situación do C.T.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000,

do 1 de decembro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra esta resolución pódese interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se pode interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Lugo, 2 de outubro de 2003.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo