Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Martes, 18 de novembro de 2003 Páx. 14.241

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 1 de outubro de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/595-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: ampliación subestación Portodemouros.

Situación: concello de Vila de Cruces.

Descricións técnicas: ampliación da subestación Portodemouros, consistente na substitución do transformador de potencia existente por un 25 MVA; un trafo auxiliar; dúas celas de 15 kVA, unha para entrada da C.H. Portodemouros caudal ecolóxico e outra para protección do trafo auxiliar; sistemas de control, protección e medida. A instalación está situada no concello de Vila de Cruces.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 1 de outubro de 2003.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra