Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Martes, 18 de novembro de 2003 Páx. 14.240

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 1 de outubro de 2003, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/89-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública

a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Fundación San Rosendo.

Domicilio social: avda. de Pontevedra, 5, 32005 Ourense.

Denominación: L.M.T.S., C.T. para xeriátrico.

Situación: Melón.

Descricións técnicas: liña subterránea a 20 kV de 190 m de lonxitude derivada da L.M.T. ó C.T. Devesa (Eléctrica de Melón, S.L.) e remata no C.T. proxectado en caseta con 250 kVA, R/T 20.000/380-220 V no lugar de Melón preto do xeriátrico.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Ourense, 1 de outubro de 2003.

Ramón Fernández-Linares Bouza

Delegado provincial de Ourense