Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Martes, 18 de novembro de 2003 Páx. 14.234

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO TRES DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (626/2003).

Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número tres da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos nº 626/2003 por instancia de José Vázquez Vázquez contra Nuevo Estilo Gallego, S.L. sobre despedimento, nos que se dictou sentencia en data 23 de setembro de 2003 que, copiada nos particulares necesasrios, di así:

«Que, estimando a demanda formulada por José Vázquez Vázquez, declaro a improcedencia do seu despedimento e condeno a empresa Nuevo Estilo

Gallego, S.L. a que, á súa escolla, a efectuar no prazo de cinco días, o readmita no seu posto e condicións de traballo ou o indemnice coa cantidade de 2.184,98 euros, así como a aboarlle en concepto de salarios de tramitación a cantidade de 3.141,59 euros.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, debendo anuncialo previamente ante este xulgado do social, no prazo de cinco días hábiles a partir do día seguinte ó da súa notificación.

Prevense a empresa demandada que para recorrer deberá acreditar ter ingresado na c/c de consignacións código 5604.0000.60.0626.03 de Banesto (0030) desta cidade denominada Conta do Xulgado do Social número tres o importe da condena e 150,25 euros en concepto de depósito, requisitos sen os cales non será admitido a trámite o recurso quedando firme a sentencia.

Así mesmo advírtiselle á parte demandada que, se fai uso de tal dereito optando pola readmisión, durante a sustanciación do procedemento deberá aboar á parte demandante o mesmo salario que percibiría, estando obrigada esta a presta-los seus servicios á demandada, a menos que prefira facer uso de tal aboamento sen percibir compensación ningunha por parte da demandante.

Así, por esta miña sentencia, da que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia a fin de que sirva de notificación en forma á empresa Nuevo Estilo Gallego, S.L., expido e asino esta cédula na Coruña o 22 de outubro de 2003.

O secretario xudicial

Rubricado