Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Luns, 17 de novembro de 2003 Páx. 14.189

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de novembro de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública para autorización e aprobación do proxecto de execución para o trazado da L.A.T. 132 kV D/C subestación de Meira/subestación do parque eólico de Meira, concellos de Meira e A Pastoriza e da súa declaración de utilidade pública. (Expediente 1/2001 A.T.).

1. Autorización administrativa.

Por resolución desta delegación provincial de data 28 de outubro de 2003, someteuse a información pública para estudio ambiental, autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e

declaración de utilidade pública a liña eléctrica citada, de conformidade coa cualificación ambiental emitida polo órgano competente na materia; sen embargo, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental con data 5 de novembro de 2003 acorda que é innecesario someter ó procedemento de avaliación de impacto ambiental o proxecto L.A.T. 132 kV sub. Meira-sub. Parque Eólico Meira, promovido por Gamesa Energía, S.A., de conformidade co disposto no Real decreto lexislativo 1302/1986, do 28 de xuño, modificado por Real decreto lei 9/2000, do 6 de outubro, e tendo en conta que da execución do proxecto non se prevén impactos adversos significativos sobre o ambiente.

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE nº 285, do 28 de novembro) e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sobre autorizacións de instalacións de enerxía eléctrica (BOE nº 310, do 27 de decembro) sométese á información pública a petición de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución para o trazado da liña eléctrica de referencia, que conta coas características técnicas que se relatan a continuación:

Peticionario: Gamesa Energía, S.A.

Finalidade: interconexión do parque eólico de Meira e a subestación eléctrica de Meira para evacuación da enerxía xerada no dito parque eólico.

Características técnicas principais:

1. Liña eléctrica aérea de alta tensión a 132 kV, para interconexión da subestación eléctrica de Meira e a subestación eléctrica do parque eólico de Meira, de 6.585,15 metros de lonxitude composta por dous circuítos con dous conductores por fase LA-280 e cable de terra OPGW sobre apoios metálicos de celosía.

2. Urxente ocupación.

O beneficiario, ó abeiro do título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, solicita, así mesmo, a declaración de utilidade pública das instalacións incluídas neste proxecto, que, segundo o sinalado no artigo 54 da devandita lei, levará implícito en todo caso a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afec

tados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. Polo tanto, a presente resolución de información pública, na que se relacionan tódolos bens e dereitos afectados pola urxente ocupación, realízase tamén para os efectos previstos no citado título IX da Lei 54/1997 e no capítulo V do título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

3. Alegacións.

O que se fai público para que poida examinarse o proxecto das instalacións nesta delegación provincial (edificio administrativo, Ronda Muralla, 70, Lugo), e formula-las alegacións, por duplicado, que se consideren oportunas durante o prazo de vinte días. Igualmente, poderanse corrixi-los erros que se encontren ó relaciona-los bens afectados ata o mesmo momento do levantamento das actas previas.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ous e ignore o lugar de notificación, e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 10 de novembro de 2003.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA

E DESENVOLVEMENTO RURAL