Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Luns, 17 de novembro de 2003 Páx. 14.180

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 31 de outubro de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a declaración, en concreto, de utilidade pública e aprobación do modificado do proxecto de execución das instalacións que comprende o proxecto do parque eólico de Goa. (Expediente 087-EOL).

En cumprimento do disposto nos artigos 53 e 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, os decretos 2617/1966 sobre autorización de instalacións eléctricas y 2619/1966, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, de aplicación ó presente expediente segundo o establecido na disposición transitoria primeira da devandita lei, en relación coa disposición transitoria undécima do Real decreto 1955/2000 e Decreto 205/1995, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia de aplicación segundo o disposto na disposición transitoria terceira do Decreto 302/2001, polo que se establece a nova regulación da enerxía eólica de Galicia, sométese á información pública, por solicitude da empresa Eurovento, S.L., a declaración, en concreto, de utilidade pública da instalación que a continuación se describe:

Obxecto de información pública.

* Declaración, en concreto, de utilidade pública e aprobación do modificado do proxecto de execución das instalacións que comprenden o proxecto do parque eólico de Goa.

A declaración de utilidade pública levará implícita, de acordo co artigo 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, a necesidade de urxente ocupación para os efectos de expropiación forzosa, dos bens e dereitos afectados necesarios para o establecemento destas instalacións.

Peticionario: Eurovento, S.L.

Rúa Varsovia, 4 C-5ª planta, Área Central, As Fontiñas, 15707 Santiago de Compostela.

Situación: concellos do Vicedo e Viveiro (Lugo).

Afección a predios particulares:

Servidume de paso eléctrico subterráneo (gabias): franxa de cinco (5) metros de largo para a construcción da gabia de tendido eléctrico subterráneo. Comporta a obriga, para o propietario do predio gravado, de permiti-la instalación subterránea, a través da súa propiedade, do tendido eléctrico subterráneo preciso para o parque eólico, así como a obriga de permiti-lo acceso e a ocupación dos terreos para facer posible a vixilancia, o control e o mantemento das instalacións.

Ocupación temporal por obra: comporta a obriga para o propietario do terreo gravado de permiti-la ocupación, por un período máximo dun año, de cinco metros lineais medidos a cada lado do eixe da liña, para a construcción desta.

O que se fai público para coñecemento xeral e dos propietarios dos predios e demais titulares afectados que non chegaron a un acordo coa entidade solicitante, e que figuran na relación que se insire como anexo deste anuncio, así como as persoas que sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados fosen omitidos, para que poidan presenta-las obxeccións ou alegacións que consideren oportunas nesta delegación provincial sita no Edificio Administrativo Ronda da Muralla 70 (27071 Lugo), no prazo de 30 días hábiles, contados a partir do día seguinte ó da última publicación deste anuncio.

É de facer constar que esta publicación se realizará igualmente para os efectos determinados polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os interesados sexan descoñecidos, se ignore o lugar ou o medio de notificación, ou ben, tentada a notificación non se puidese realizar.

Lugo, 31 de outubro de 2003.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo