Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Luns, 17 de novembro de 2003 Páx. 14.174

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 8 de outubro de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/306).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: recuamento de liñas de M.T. e B.T. na estrada AC-412 de Carballo-Ordes (tramo Carballo a Silva p.q. 0,000 á p.q. 13,018).

Situación: Carballo.

Descricións técnicas: recuamento de tramo de liña eléctrica aérea de media tensión, a 20 kV, sobre apoios de formigón e con conductor LA-56, en lonxitudes de 99 m e 164 m na liña Berdillo-Sofán-Tarambollo-Aldemunde, en inmediacións p.q. 2,300.

Recuamento de tramos de redes de baixa tensión sobre apoios de formigón e con conductor R.Z.:

-De 85 m de lonxitude a que parte do C.T. Pinos, en p.q. 2,800.

-De 499 m de lonxitude a que parte do C.T. Fornos, en p.q. 3,400.

-De 355 m de lonxitude a que parte do C.T. Sofán, en p.q. 3,900.

-De 125 m de lonxitude a que parte do C.T. Paradela, en p.q. 5,900.

-De 275 m de lonxitude a que parte do C.T. Tarambollo, en p.q. 6,900.

-De 655 m de lonxitude a que parte do C.T. Aldemunde, en p.q. 8,800.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación pro

vincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 8 de outubro de 2003.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña