Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Luns, 17 de novembro de 2003 Páx. 14.174

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 3 de outubro de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/309).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T.A., C.T.I. e R.B.T. Toxiño.

Situación: Aranga.

Características técnicas: liña eléctrica aérea de media tensión a 15/20 kV, sobre apoios de formigón e con conductor LA-56, de 7 m de lonxitude, coa orixe no tramo de liña existente entre o C.T. Gallado e o C.T. Vide e final no C.T. Toxiño, que hai que instalar.

Centro de transformación, sobre apoio de formigón, tipo intemperie, de 100 kVA e tensións de 15/0,380-0,220 kV en Toxiño, do que parte rede de baixa tensión, sobre apoios de formigón e con conductor R.Z., de 532 m de lonxitude, que discorre polos lugares de Toxiño, A Vila e Martinmouro. Concello de Aranga.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 3 de outubro de 2003.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña