De conformidade coa proposta da comisión designada para xulga-lo concurso que convocou esta universidade por Resolución do 13 de novembro de 2001 (BOE do 27 de novembro), para a provisión da praza número 01/214 de profesor titular de escola universitaria da área de coñecemento de radioloxía e medicina física, do departamento de Medicina desta universidade, a favor de Javier Pereira Loureiro, e unha vez que o interesado acreditou os requisitos ós que alude o punto 2 do artigo 5º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro.
Este rectorado, no uso das atribucións que lle confire o artigo 20 da Lei 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Javier Pereira Loureiro profesor titular de escola universitaria da área de coñecemento de radioloxía e medicina física, do departamento de Medicina desta universidade.
A Coruña, 28 de outubro de 2003.
P.D. (Resolución 26-9-2003)
Eliseo Alfonso Barca Lozano
Rector en funcións da Universidade da Coruña