Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Luns, 17 de novembro de 2003 Páx. 14.162

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLO DE COORDINACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 20 de outubro de 2003, da Secretaría Xeral do Consello de Coordinación Universitaria, pola que se anuncia a data en que se celebrarán os sorteos para designa-los vocais que integran as comisións que terán que xulga-los concursos para a provisión de vacantes de corpos docentes universitarios.

Convocadas a provisión das prazas dos corpos docentes universitarios que se relacionan no anexo adxunto, e dándolle cumprimento ó disposto no artigo 6 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro (Boletín Oficial del Estado do 26 de outubro); artigo 1 do Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño (Boletín Oficial del Estado do 11 de xullo), e artigo 17 e) do Real decreto 552/1985, do 2 de abril (Boletín Oficial del Estado do 27 de abril),

Esta secretaría xeral resolveu sinala-la celebración dos sorteos correspondentes ás prazas citadas no referido anexo, co fin de designa-los membros das comisións que teñen que ser elixidos por este procedemento para o día 3 de decembro de 2003, ás dez horas, realizándose estes polo sistema aprobado pola Comisión Académica do Consello de Universidades na súa sesión do 14 de xullo de 1995, de modo secuencial, segundo a orde en que figuran relacionados no anexo citado.

Estes sorteos celebraranse no Consello de Coordinación Universitaria (cidade universitaria, sin número, 28040 Madrid).

Para os efectos previstos no artigo 1 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, a partir da data desta resolución, faranse públicas a relacións dos profesores que participarán nos sorteos no Consello de Coordinación Universitaria.

Das citadas relacións e no momento do sorteo serán excluídos aqueles profesores que:

-Pertenzan á mesma universidade á que corresponda a praza.

-Fosen designados para formar parte da comisión titular pola universidade á que corresponda a praza.

-Sexan aspirantes e pertenzan á mesma área de coñecemento á que corresponda a praza.

As reclamacións contra as referidas relacións formularanse antes do día 28 de novembro de 2003, dirixidas á Secretaría Xeral do Consello de Coordinación Universitaria (cidade universitaria, sin número, 28040 Madrid).

Nos cursos nos que existan suficientes profesores do corpo e área de coñecemento a que corresponda a praza, seguirase o previsto no artigo 1 do Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño, que modifica o artigo 6.9º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro.

O que se lle comunica para o seu coñecemento e efectos.

Madrid, 20 de outubro de 2003.

José T. Raga

Secretario xeral do Consello de Coordinación Universitaria

Vicesecretaria xeral do Consello de Coordinación Universitaria

Concursos convocados por resolución da universidadede do 13-11-2001 e BOE do 27-11-2001.

Concurso nº: 01/098.

Nº sorteo: 52.620.

Corpo: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento: dereito procesual.

Presidente titular: Blanca Pastor Borgoñón.

Vocal secretario titular: Juan Cámara Ruiz.

Concurso nº: 01/195.

Nº sorteo: 52.621.

Corpo: profesores titulares de escola universitaria.

Área de coñecemento: socioloxía.

Presidente titular: Antonio Izquierdo Escribano.

Vocal secretario titular: María Celia Muñoz Goy.