Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Luns, 17 de novembro de 2003 Páx. 14.158

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de novembro de 2003 pola que se conceden as axudas para a realización de proxectos de investigación sobre materias turísticas dentro do programa de ciencias sociais do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica.

Por Orde do 6 de agosto de 2003 (DOG nº 159, do 19 de agosto) convocáronse as axudas para a realización de proxectos de investigación sobre materias turísticas dentro do programa de ciencias sociais do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica.

Conforme o disposto no punto quinto das bases da convocatoria, procedeuse á revisión das solicitudes comprobando se a documentación presentada

é a correcta. As solicitudes admitidas foron avaliadas pola comisión designada polo director xeral de Investigación e Desenvolvemento, de acordo co establecido no punto sexto das bases da convocatoria.

En consecuencia, e atendendo á proposta elaborada pola comisión, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro.-Concederlle-las axudas para a realización de proxectos de investigación sobre materias turísticas dentro do programa de ciencias sociais do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica, ás persoas que se relacionan no anexo desta resolución.

Estas axudas imputaranse á aplicación orzamentaria 08.05.432A.781.0 dos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para 2003 e 2004.

Segundo.-A inobservancia por parte dos beneficiarios de calquera das obrigas establecidas nas bases da convocatoria suporá a perda do dereito a percibi-la subvención correspondente.

Terceiro.-Contra a presente resolución poderán os interesados interpoñer potestativamente recurso de reposición ante o mesmo órgano no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia. De non estima-la interposición deste recurso, poderase interpoñer recurso contecioso-administrativo ante a Sala do Contecioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de novembro de 2003.

P.D. (Orde 21-1-2003, DOG do 27 de xaneiro)

Jesús Vázquez San Luis

Secretario xeral da Consellería

de Innovación, Industria e Comercio

ANEXO

SolicitanteDNIProxectoCód. prox.Axuda 2003Axuda 2004

Almeida García, Fernando33354602-WXestión de fluxos de visitantes a Santiago

de Compostela

PGIDIT03CST-012.459,002.459,00

Barrio García, Gonzalo32802222-JA ordenación xurídica do turismo na Comunidade

Autónoma de Galicia

PGIDIT03CST-022.459,002.459,00

Cabello Viéitez, Pablo36150890-LA diversificación da oferta náutica dentro dos

parámetros do desenvolvemento sostible. Calidade

e funcionalidade nas instalacións

PGIDIT03CST-032.459,002.459,00

Gómez Cachaldora, J. Ramón34978615-PPasado, presente e futuro das oficinas de turismo

en Galicia

PGIDIT03CST-04

1.229,501.229,50
Gómez Quevedo, M. Belén34964430-Z1.229,501.229,50

Herbello Prieto, Cristina53114559-SEstudio para a viabilidade dunha central de reservas

náuticas en Galicia

PGIDIT03CST-052.459,002.459,00

Juanatey Boga, Óscar32830383-EFactores que inflúen na formación da imaxe dos

destinos turísticos despois da visita á Costa da Morte

PGIDIT03CST-062.459,002.459,00

SolicitanteDNIProxectoCód. prox.Axuda 2003Axuda 2004

Morado Fernández, Mª Cristina33299444-KLanzamento de novos productos turísticos no litoral

de Galicia a partir de marcas de calidade

PGIDIT03CST-07

1.229,501.229,50
Fernández Gómez, Eva Mª32666914-Z1.229,501.229,50

Otero Mazoy, Carmen46897584-DEstatística do sector turístico en Galicia

PGIDIT03CST-08

1.229,501.229,50

Villaverde López, Rebeca36123159-A1.229,501.229,50

Rey Tristán, Eduardo35316304-BAproveitamento dos recursos arqueolóxicos,

etnográficos e arquitectónicos de Galicia. Os casos

da comarca do Lérez e a Ulloa

PGIDIT03CST-092.459,002.459,00

Ribas Álvarez, Alfonso44075888-EDiagnóstico da imaxe de Galicia como destino

turístico en Internet: Análise da información dos sitios

Web de axencias, guías e turoperadores globais

PGIDIT03CST-102.459,002.459,00

Ulloa Guitián, Luis Mª34266817-ZO turismo industrial: unha aproximación

ás posibilidades dese producto en Galicia

PGIDIT03CST-112.459,002.459,00