Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Venres, 14 de novembro de 2003 Páx. 14.147

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

CÁMARA OFICIAL DE COMERCIO DE OURENSE

ANUNCIO do 10 de novembro de 2003 polo que se convoca concurso de méritos para a provisión da praza de secretario xeral da Cámara Oficial de Comercio e Industria de Ourense.

De acordo co disposto no artigo 7.2º da Lei 3/1993, do 22 de marzo, básica das cámaras oficiais de comercio, industria e navegación de España, e o artigo 36 do Regulamento de réxime interior, convócase concurso público de méritos para prove-la praza de secretario xeral da Cámara de Comercio e Industria de Ourense, conforme as seguintes bases:

Bases e condicións:

Primeira.-Para poder tomar parte neste concurso requírese:

a) Ser español ou cidadán dun pais membro da Unión Europea.

b) Ser maior de idade.

c) Estar en posesión do título de licenciado en dereito.

d) Non padecer enfermidade ou defecto físico que impida o desempeño das funcións propias do cargo.

e) Non ostentar cargo ningún no Pleno da Cámara.

f) Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servicio do Estado, das comunidades autónomas, da Administración local ou institucional, nin encontrase inhabilitado para o exercicio de funcións públicas.

g) Someterse ó réxime de incompatibilidades establecidas no Regulamento de réxime interior. En calquera caso será incompatible co exercicio de cargo, profesión ou actividade pública ou privada que poida impedi-lo cumprimento dos seus deberes.

Segunda.-A instancias para tomar parte neste concurso dirixiranse ó presidente da Cámara de Comercio e Industria de Ourense, r/ avda. da Habana-30 bis Ourense, no prazo de 15 días hábiles, contados desde a publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Terceira.-O tribunal estará formado por:

-Presidente da Cámara de Comercio e Industria de Ourense.

-Un representante do Comité Executivo designado polo Pleno.

-Un representante da Consellería de Innovación, Industria e Comercio.

Actuará como secretario do tribunal, con voz e sen voto, o membro do Comité Executivo de menor idade.

Cuarta.-Unha vez rematado o prazo de presentación de instancias, o tribunal procederá no prazo de quince días á valoración dos méritos de acordo co seguinte baremo:

a) Desempeñar ou ter desempeñado con laboriosidade e eficacia o posto de secretario xeral en administracións públicas, institucións públicas, organizacións privadas ou órganos de goberno de institucións de dereito publico:

-Ata 5 anos: 5 puntos.

-Ata 10 anos: 10 puntos.

-Máis de 10 anos: 25 puntos.

b) Desempeñar ou ter desempeñado, con laboriosidade e eficacia postos de técnico de Cámara de Comercio e Industria de Ourense ou en calquera outra do ámbito nacional: 5 puntos.

A puntuación máxima polos conceptos a) e b) será de 25 puntos.

c) Estar en posesión de títulos de formación complementaria de posgrao: máster, cursos superiores, especialización: 5 puntos por cada curso superior a 150 horas, cun máximo de 10 puntos.

Por cada curso superior a 150 horas 5 puntos, cun máximo de 10.

d) Acreditar estar en posesión de coñecementos informáticos: máximo 2,5 puntos.

e) Acreditar coñecementos de idiomas: máximo 2,5 puntos.

f) Entrevista persoal: máximo 20 puntos.

Puntuación máxima 60 puntos.

Quinta.-O presidencia da cámara dispoñerá dunha convocatoria dun pleno. O dito pleno, en sesión extraordinaria, destinará para o cargo, obxecto concurso, a persoa que resulte elixida, comunicando o acordo á Administración tutelante.

Sexta.-O concursante proposto ante o Pleno da Cámara para ocupa-la praza achegará dentro dun prazo dos dez días seguintes ó requirido para iso, tódolos documentos acreditativos das condicións esixidas na convocatoria ou alegadas na solicitude de participación no concurso.

Sétima.-O nomeamento de secretario xeral aprobado polo pleno notificarase ó interesado, que deberá tomar posesión dentro do prazo máximo de trinta días, contados desde a notificación do nomeamento. Este prazo poderá ser prorrogado por causa xusta, a petición do interesado quen deberá solicitalo con anterioridade á terminación daquel.

Oitava.-No suposto de que efectuado o requirimento sinalado, na base sexta, ou notificado o concursante nomeado, para tomar posesión, deixase transcorre-los prazos previstos sen presentar aqueles documentos ou tomar posesión da súa praza, a cámara considerarao decaído en dereito, e poderá proceder sen outros trámites a efectuar novo nomeamento a favor do concursante que siga inmediatamente en méritos o anteriormente nomeado.

Novena.-O concursante que obtivera o cargo quedará obrigado a permanecer un mínimo de dous anos no posto, antes de poder solicita-la súa separación temporal. O secretario xeral terá os dereitos e deberes establecidos na Lei de bases 3/1993 e en particular no Regulamento de réxime interior da Cámara de Comercio e Industria de Ourense.

Ourense, 10 de novembro de 2003.

Fernando Fontán Quintás

Presidente da Cámara Oficial de Comercio

e Industria de Ourense

COLEXIO OFICIAL DE ODONTÓLOGOS

E ESTOMATÓLOGOS DE LUGO