Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Venres, 14 de novembro de 2003 Páx. 14.145

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO.

A Comisión Municipal de Goberno, en sesión ordinaria do día 3 de outubro de 2002, adoptou o acordo de rectifica-lo anuncio publicado no Diario Oficial de Galicia nº 121, do 25 de xuño de 2002, páxina 9.872, co fin de adaptalo á denominación actual do dito posto, debe dicir: «xefe do Negociado de Estatística e Rexistro», onde di: «xefe do Negociado de Estatística».

En consecuencia, ábrese un novo prazo de 20 días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio, para a presentación de instancias e demais documentación.

Ourense, 9 de outubro de 2002.

Francisco J. Rodríguez-Nóvoa González

Concelleiro delegado de Persoal