Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Venres, 14 de novembro de 2003 Páx. 14.144

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MUGARDOS

ANUNCIO do convenio urbanístico parque empresarial: aprobación inicial.

O Pleno do Concello, na sesión ordinaria celebrada o día 31 de outubro de 2003, aprobou inicialmente o documento denominado Convenio urbanístico entre o Concello de Mugardos e a empresa Kotlas Constructora para a modificación puntual ó PXOM nun ámbito do termo municipal comprendido entre os núcleos de Rilo e Franza, e desenvolvemento do correspondente plan parcial e proxecto de urbanización, asinado entre o Concello de Mugardos e Kotlas Constructora con data 21 de outubro de 2003.

O que se fai público en cumprimento do disposto no artigo 237.1º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, para efectos de que durante o prazo de vinte días, contado a partir da publicación do presente anuncio no DOG poidan formula-las reclamacións e alegacións que se consideren pertinentes.

Mugardos, 4 de novembro de 2003.

Xosé Fernández Barcia

Alcalde