Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Venres, 14 de novembro de 2003 Páx. 14.142

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 10 de novembro de 2003, da Dirección de Recursos Económicos e Servicios Xerais do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, pola que se anuncian concursos públicos para a contratación dun arrendamento de nave destinada a arquivo de documentación clínica e almacén de subministracións do CHUS (expediente 85/2003) e contratación do arrendamento dun piso con destino a terapia de reinserción de pacientes do Hospital Psiquiátrico de Conxo (expediente 1/2004), mediante procedemento aberto e urxente.

A Dirección de Recursos Económicos e Servicios Xerais do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, en virtude das competencias que lle foron delegadas conforme o establecido na Orde do 14 de marzo de 2002 (DOG nº 66, do 5 de abril), da Consellería de Sanidade, unha vez cumprimentados os trámites administrativos correspondentes, resolve convoca-los seguintes concursos públicos:

-Nº referencia expediente: 85/2003.

Obxecto: arrendamento de nave destinada a arquivo de documentación clínica e almacén de subministracións.

Orzamento: 95.100 A, IVE incluído.

Forma de adxudicación: concurso público. Procedemento aberto e urxente.

Prazo de execución: un ano, desde o 1-12-2003 ou data da sinatura do contrato, se fose posterior. Antes do seu vencemento, este contrato poderase prorrogar nos termos da cláusula 5.2. da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

-Nº referencia expediente: 1/2004.

Obxecto: arrendamento de piso con destino a terapia de reinserción de pacientes do Hospital Psiquiátrico de Conxo.

Orzamento: 8.460 A, IVE incluído.

Forma de adxudicación: concurso público. Procedemento aberto e urxente. Anticipado de gasto.

Prazo de execución: un ano, desde o 1-1-2004 ou data da sinatura do contrato, se fose posterior. Antes do seu vencemento, este contrato poderase prorrogar nos termos da cláusula 5.2. da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

I. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e documentación complementaria pode solicitarse no departamento de contratación administrativa do Hospital Clínico Universitario, A Choupana, s/n 15706 Santiago de Compostela, en días laborables desde as 9.00 ata as 14.00 horas. Teléfono: 981 95 08 03/95 02 61. Fax: 981 95 09 85, ou a través da páxina web do Sergas: http://www.sergas.es.

II. Criterios de adxudicación: segundo punto 8 da folla de especificacións.

III. Presentación de proposicións: as proposicións deberán presentarse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela, antes das 14.00 horas do décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo na forma indicada no prego de cláusulas administrativas particulares. No caso de que o último día coincida en sábado ou festivo, o prazo de presentación finalizará o seguinte día hábil.

IV. Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na Sala de Xuntas do Hospital Clínico Universitario ás 10.00 horas do décimo día natural contado a partir do seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de ofertas; se o dito día coincide en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o seguinte día hábil.

V. Documentación que deberán achega-los licitadores: a documentación que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

VI. Anuncios: os anuncios deste concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 10 de novembro de 2003.

Mª José López Rebollo

Directora de Recursos Económicos e Servicios

Xerais do Complexo Hospitalario Universitario

de Santiago de Compostela