Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Venres, 14 de novembro de 2003 Páx. 14.103

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

ORDE do 10 de novembro de 2003 pola que se comunica a ampliación do importe existente para a concesión de axudas económicas para a realización de formación práctica en empresas destinadas a alumnos/as de programas de garantía social, patrón costeiro polivalente e ciclos formativos de grao medio e superior de formación profesional específica en centros dependentes da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

A Orde do 20 de febreiro de 2003 (DOG nº 51, do 13 de marzo), sobre axudas económicas para a realización de formación práctica en empresas destinadas a alumnos/as de programas de garantía social, patrón costeiro polivalente e ciclos formativos de grao medio e superior de formación profesional específica en centros dependentes da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, establecía no seu artigo oitavo, unha limitación á contía máxima das axudas cifrada en 86.294 euros.

A existencia de crédito permite dispoñer de máis fondos para a concesión das axudas convocadas pola orde citada. Dado que na mesma se limitaba a cantidade máxima á existente no orzamento vixente, e ante o incremento de solicitudes pola implantación progresiva dos ciclos formativos da nova formación profesional específica, parece conveniente facer público o incremento da dita contía.

Polo exposto,

DISPOÑO:

Artigo único.-Amplíase o importe máximo das axudas convocadas pola Orde do 20 de febreiro de 2003 na cantidade de 35.253,13 euros, con cargo á aplicación orzamentaria 12.04.322S.480.0. Formación Profesional FSE, do orzamento da Comunidade Autónoma de Galicia para 2003.

Santiago de Comnpostela, 10 de novembro de 2003.

Enrique César López Veiga

Conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos