Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Venres, 14 de novembro de 2003 Páx. 14.103

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 6 de novembro de 2003 pola que se modifica a do 13 de outubro, pola que se lles prorroga a autorización ós conservatorios de música de titularidade municipal para impartir, con carácter provisional durante o ano escolar 2003-2004, os graos elemental e/ou medio das ensinanzas de música establecidas pola Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo.

Advertidos erros no anexo da devandita orde, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 208, do luns 27 de outubro de 2003, cómpre a súa corrección:

Na páxina 13.288, nas liñas 35 e 36 da columna esquerda, onde di: «Centro: conservatorio profesional de música da Guarda», debe dicir: «Centro: conservatorio elemental de música da Guarda»; e na liña 38, onde di: «Autorización provisional: graos elemental e medio», debe dicir: «Autorización provisional: grao elemental».