Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Xoves, 13 de novembro de 2003 Páx. 14.071

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA, XUVENTUDE, DEPORTE E VOLUNTARIADO

RESOLUCIÓN do 3 de novembro de 2003, da Dirección Xeral para o Deporte, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo tramitado a través do procedemento ordinario número 0000617/2003 interposto por José Bernárdez Rodríguez, contra resolución do Comité Galego de Xustiza Deportiva do 13 de xuño de 2003, desestimatoria do recurso de reposición interposto contra Resolución do 14 de febreiro de 2003, sobre o proceso electoral da Federación Galega de Motociclismo.

A Dirección Xeral para o Deporte recibiu da Sección Primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia providencia pola que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo tramitado polo procedemento ordinario nº 0000617/2003 interposto por José Bernárdez Rodríguez, contra resolución do Comité Galego de Xustiza Deportiva do 13 de xuño de 2003, desestimatoria do recurso de reposición interposto

contra Resolución do 14 de febreiro de 2003 sobre o proceso electoral da Federación Galega de Motociclismo.

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei de 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento, e son emprazadas para que poidan comparecer como parte en autos na Sección Primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 9 (nove) días, contados desde o seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 3 de novembro de 2003.

José Ramón Lete Lasa

Director xeral para o Deporte