Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Xoves, 13 de novembro de 2003 Páx. 14.071

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA, XUVENTUDE, DEPORTE E VOLUNTARIADO

RESOLUCIÓN do 31 de outubro de 2003, da Dirección Xeral para o Deporte, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo tramitado polo procedemento ordinario número 126/03 interposto polo Club Clínica Ocular, contra resolución do Comité Galego de Xustiza Deportiva do 9 de maio de 2003.

A Dirección Xeral para o Deporte recibiu do Xulgado do Contencioso-Administrativo número catro da Coruña, providencia pola que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo tramitado polo procedemento ordinario nº 126/03 interposto polo Club Clínica Ocular, contra resolución do Comité Galego de Xustiza Deportiva do 9 de maio de 2003.

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei de 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo ó referido xulgado, o que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento, son emprazadas para que poidan comparecer como parte en autos no Xulgado do Contencioso-Administrativo número catro da Coruña no prazo de 9 (nove) días, contados desde o seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 31 de outubro de 2003.

José Ramón Lete Lasa

Director xeral para o Deporte