Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Xoves, 13 de novembro de 2003 Páx. 14.067

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

RESOLUCIÓN do 29 de setembro de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncian as bases definitivas da concentración parcelaria da zona de Santa María de Budiño (O Pino-A Coruña).

Ponse en coñecemento dos interesados na concentración parcelaria da zona de Santa María de Budiño (O Pino-A Coruña), declarada de utilidade pública e urxente execución por Decreto 36/1993 (DOG nº 39, do 26 de febreiro), que a xunta local da zona, na súa reunión do 26 de setembro de 2003,

unha vez introducidas as modificacións oportunas, á vista do resultado da enquisa das bases provisionais, aprobou as bases definitivas, que serán notificadas individualmente a cada un dos afectados e que estarán expostas ó público no Concello do Pino e na zona, durante o prazo de trinta días naturais, de conformidade co que determina a Lei 10/1985, do 14 de agosto, de concentración parcelaria para Galicia, modificada pola Lei 12/2001, do 10 de setembro.

Os documentos que se poden examinar no concello refírense á determinación do perímetro (predios da periferia que se incluíron e excluíron, superficies que se exceptúan por ser de dominio público e a relación de predios excluídos), á clasificación de terras e a fixación de coeficientes que han servir de base para face-las compensacións que sexan necesarias e á determinación de propietarios e titulares de gravames e outras situacións xurídicas das que se declara formalmente a súa titularidade.

Contra estas bases os interesados poderán interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural dentro do prazo de trinta días naturais, contados desde a notificación persoal ou publicación substitutiva, na delegación provincial desta consellería (edificio administrativo, praza Luis Seoane, s/n, 6º andar, A Coruña), nas oficinas centrais da consellería (San Caetano, s/n, Santiago de Compostela) ou en calquera das dependencias ás que fai referencia o artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

A Coruña, 29 de setembro de 2003.

Jesús Collar Urquijo

Delegado provincial da Coruña