Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Xoves, 13 de novembro de 2003 Páx. 14.067

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncian as bases definitivas da concentración parcelaria da zona de Serantes-Niñodaguia (Santiso-A Coruña).

Ponse en coñecemento dos interesados na concentración parcelaria da zona de Serantes-Niñodaguia (Santiso-A Coruña), declarada de utilidade pública e urxente execución por Decreto 195/1999, do 17 de xuño (DOG nº 129, do 27 de xullo), que a xunta local da zona, na súa reunión do 19 de setembro de 2003, unha vez introducidas as modificacións oportunas, á vista do resultado da enquisa das bases provisionais, aprobou as bases definitivas, que serán notificadas individualmente a cada un dos afectados e que estarán expostas ó público no concello de Santiso e na zona, durante o prazo de trinta días naturais, de conformidade co que determina a Lei 10/1985, do 14 de agosto, de concentración parcelaria para Galicia, modificada pola Lei 12/2001, do 10 de setembro.

Os documentos que se poden examinar no concello refírense á determinación do perímetro (predios da periferia que se incluíron e excluíron, superficies que se exceptúan por ser de dominio público e a relación de predios excluídos), á clasificación de terras e á fixación de coeficientes que han servir de base para face-las compensacións que sexan necesarias e á determinación de propietarios e titu

lares de gravames e outras situacións xurídicas das que se declara formalmente a súa titularidade.

Contra estas bases os interesados poderán interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Política Agroalimentaria y Desarrollo Rural dentro do prazo de trinta días naturais, contado desde a notificación persoal ou publicación substitutiva, na delegación provincial de esta consellería (edificio administrativo, praza Luis Seoane, s/n, 6º andar, A Coruña), nas oficinas centrais da consellería (San Caetano, s/n, Santiago de Compostela) ou en calquera das dependencias ás que fai referencia o artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

A Coruña, 19 de setembro de 2003.

Jesús Collar Urquijo

Delegado provincial da Coruña