Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Xoves, 13 de novembro de 2003 Páx. 14.064

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 7 de outubro de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/116-2, 6025 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: Cidade de Viveiro, 4, 27002 Lugo.

Denominación: reelectrificación de Areeiras.

Situación: Lugo.

Descricións técnicas:

-R.B.T.S. aéreas do C.T.C. existente Areeiras executadas en conductores R.Z. 150, R.Z. 95 e R.Z. 50, tensados sobre apoios de formigón ou grampados sobre fachada cunha lonxitude de 3.235 m.

-R.B.T. subterránea do C.T.C. existente Anvaso executada con conductor R.V. 240, en canalización subterránea baixo tubo de polietileno de diámetro 125 mm aloxado en gabia baixo calzada cunha lonxitude de 160 m.

-R.B.T.S. aéreas do C.T.C. existente Anvaso executadas en conductores R.Z. 150, R.Z. 95 e R.Z. 50, tensados sobre apoio de formigón ou grampados sobre fachada cunha lonxitude de 2.066 m.

-R.B.T.S. aéreas do C.T.I. existente Rego de Espiño executadas en conductores R.Z. 150, R.Z. 95 e R.Z. 50 tensados sobre apoios de formigón ou grampados sobre fachada, cunha lonxitude de 1.167 m.

-R.B.T.S. aéreas do C.T.C. existente urb. Louzaneta executadas en conductor R.Z. 95 tensados sobre apoios de formigón ou grampado sobre fachada, cunha lonxitude de 890 m.

-R.B.T.S. aéreas do C.T.C. existente Louzaneta 1 executadas en conductores R.Z. 95 e R.Z. 50 tensados sobre apoios de formigón ou grampados sobre fachada cunha lonxitude de 510 m.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Lugo, 7 de outubro de 2003.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo