Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Xoves, 13 de novembro de 2003 Páx. 14.064

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 7 de outubro de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/62-2, 6019 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: Cidade de Viveiro, 4, 27002 Lugo.

Denominación: reelectrificación en Cobreiro (Santaballa) e Ramil (Lanzós).

Situación: Vilalba.

Descricións técnicas:

-L.M.T. con orixe en L.M.T. a C.T. de Rego e final en C.T. Cobreiro, cunha lonxitude de 15 m e unha tensión nominal de 20 kV.

-C.T. de tipo intemperie sobre apoio metálico, cunha potencia de 160 kVA e unha relación de transformación 20.000/380-220 V.

-R.B.T. en Cobreiro cunha lonxitude 2.300 m en R.Z.-95/50 sobre apoios de formigón cun total de 28 clientes.

-R.B.T. en Trastoi cunha lonxitude de 350 m en R.Z.-95/50 sobre apoios de formigón cun total de 1 cliente.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra esta resolución pódese interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se pode interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Lugo, 7 de outubro de 2003.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo