Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Xoves, 13 de novembro de 2003 Páx. 14.056

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (790/2001).

Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número catro da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 790/2001, por instancia de Hermindo García Iglesias contra a empresa Juan Luis Castromayán e outros sobre salarios, nos que recaeu auto de aclaración, en data 8-10-2003, que copiada nos particulares necesarios, di así:

Ten lugar a aclaración solicitada e, en consecuencia, a decisión desta quedará do teor literal seguinte:

«Decido que desestimando a demanda deducida por Hemindo García Iglesias contra a empresa Juan Luis Castromayán e a empresa Armaven S.L. e a empresa The Shipowner's Mutual Protection and Indemnity Association, debo absolver e absolvo a parte demandada de tódolos pedimentos desta.

Notifíquese esta resolución ás partes e fagáselles saber que, contra esta, cabe recurso de suplicación, que se anunciará dentro dos cinco días seguintes á notificación da sentencia, ante este xulgado, do que se coñecerá, se é o caso, a sala do social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, tal como establecen os artigos 187 e seguintes do texto articulado da Lei de procedemento laboral, aprobado polo Real decreto lexislativo 521/1990, do 27 de abril.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia pronúncioo, mándoo e asínoo.

Notifíquese esta resolución ás partes facéndolles saber que contra esta non cabe recurso ningún, sen prexuízo do recurso de suplicación contra a sentencia definitiva, que poderá anunciarse dentro dos 5 días seguintes á notificación deste auto, ante este xulgado, do que se coñecera, se é o caso, a sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, tal e como establecen os artigos 188 e seguintes da Lei de procedemento laboral.

Así, por este meu auto, dispóñoo, mándoo e asínoo.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Armaven S.L., expido e asino esta cédula na Coruña, 8 de outubro de 2003.

O secretario xudicial

Rubricado