Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Xoves, 13 de novembro de 2003 Páx. 14.019

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 6 de novembro de 2003, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as relacións definitivas de admitidos e excluídos ós procesos selectivos para o ingreso nas distintas categorías do grupo I polo sistema de acceso libre do persoal laboral da Xunta de Galicia, convocados pola Orde do 6 de agosto de 2003 (Diario Oficial de Galicia do 26 de agosto).

Por Resolución do 7 de outubro de 2003 publicada no DOG número 198, do 13 de outubro, apróbanse as relacións de aspirantes admitidos e excluídos ós procesos selectivos para o ingreso na categoría 011 (titulado superior pedagogo) e 040 (titulado superior lingüista) correspondente ó grupo I do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia.

Transcorrido o prazo regulamentario para a emenda, se é o caso, de defectos relativos ás citadas relacións de admitidos e excluídos e emendados estes, de conformidade co establecido nas bases I.4.2 que

rexen as probas selectivas convocadas pola Orde do 6 de agosto de 2003, publicada no DOG do 26 de agosto de 2003, a Dirección Xeral da Función Pública

RESOLVE:

Primeiro.-Aproba-las listas definitivas de admitidos e excluídos, pola quenda de acceso libre, ós procesos selectivos para o ingreso nas distintas categorías correspondentes ó grupo I do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia.

Segundo.-A relación definitiva de aspirantes admitidos estará exposta nos taboleiros de anuncios da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, nos das súas delegacións provinciais e nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia.

O feito de figurar na relación de admitidos non prexulga, en ningún caso, o cumprimento dos requisitos que, para o acceso a cada categoría, se recollen na base I.2 da respectiva orde de convocatoria, e todo iso en relación coa base V desta.

Para solicitar información o teléfono de contacto é o 902 12 00 12, das 9.00 ás 19.00 horas de luns a venres, e das 9.00 ás 14.00 horas os sábados.

Terceiro.-Publica-la relación de excluídos nas distintas categorías, con referencia á/s causa/s de exclusión, figurando tal relación como anexo I a esta resolución.

Cuarto.-De conformidade co disposto na base I.3.1, cuarto parágrafo, os aspirantes excluídos disporán dun prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, para solicita-la devolución dos dereitos de exame aboados.

Para facer efectivo o disposto no parágrafo anterior, os interesados dirixirán escrito á Dirección Xeral da Función Pública onde fagan constar con claridade os seguintes datos:

-Nome e apelidos.

-DNI.

-Grupo/s e categoría/s ás que optaban.

-Datos bancarios, con especificación do código da entidade bancaria, código da sucursal e número de conta á que desexen que se lles efectúe a transferencia polo importe aboado.

Quinto.-Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación desta resolución, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte

ó da súa publicación, perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, conforme os artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 6 de novembro de 2003.

Belén Prado Sanjurjo

Directora xeral da Función Pública

ANEXO I

Grupo I - Categoría 011 (titulado/a

superior pedagogo/a)

DNIPrimeiro

apelido

Segundo

apelido

NomeCausa

exclusión

35459797FAresDizJuan Carlos12,13,53

78787456JBaladoSegadeSonia14

44446001LIglesiasFernándezEmilio José14

35556286BMoreiraFontánEva14

44079654QMurilloMoreiraYolanda10,22

Causas de exclusión

10Instancia fóra de prazo

11Non posúe a nacionalidade esixida

12Non declara que posúe a titulación esixida

13Solicitude sen asinar

14Non reúne o requisito da titulación

15Documentación sen cotexar

16Falta certificado de compatibilidade das funcións

17Non ten o tempo esixido na convocatoria

18Non é persoal laboral fixo

19Non presenta modelo oficial de solicitude

20Taxas non aboadas

21Importe taxas ingresadas inferior ó estipulado

22Taxas aboadas fóra de prazo

30Menos de dous anos grupo inmediatamente inferior

31Opta á quenda de discapacitados sen o 33% de discapacidade

32Non opta por ningún idioma comunitario, non opta por ningunha materia (grupo A)

33Instancia sen asinar

34Instancia non orixinal

40Presentarse ó grupo por promoción interna e acceso libre á vez

41Menos de dous anos de antigüidade no corpo de orixe

42Non indica a forma de acceso (p. interna/a. libre)

49Certif. minusval. non presentado/mal cotexo

50Instancia incorrecta (emendas, riscaduras...)

51Instancia incorrecta (falta sinatura)

52Non ter ou acredita-la nacionalidade española

53Falta o DNI ou DNI incorrecto

54No ter cumpridos os 18 anos

55Non cumprir ou acredita-lo requisito de titulación

56Non pertencer ó corpo ou escala correspondente, non presenta-lo anexo III

57Certificado de discapacidade non presentado ou mal cotexado