Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Xoves, 13 de novembro de 2003 Páx. 14.019

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 6 de novembro de 2003, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as relacións definitivas de admitidos e excluídos ós procesos selectivos para o ingreso nas distintas categorías do grupo I polo sistema de promición interna do persoal laboral da Xunta de Galicia, convocados pola Orde do 6 de agosto de 2003 (Diario Oficial de Galicia do 26 de agosto).

Por resolucións do 7 de outubro de 2003 publicadas no DOG números 198, do 13 de outubro, apróbanse as relacións de aspirantes admitidos e excluídos ós procesos selectivos para o ingreso nas distintas categorías do grupo I do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia polo sistema de promoción interna.

Transcorrido o prazo regulamentario para a emenda, de se-lo caso, de defectos relativos ás citadas relacións de admitidos e excluídos e emendados estes, de conformidade co establecido nas bases I.4.2 que rexen as probas selectivas convocadas pola Orde do 6 de agosto de 2003, publicadas no DOG do 26 de agosto, a Dirección Xeral da Función Pública

RESOLVE:

Primeiro.-Aproba-las listas definitivas de admitidos e excluídos, pola quenda de promoción interna, ós procesos selectivos para o ingreso nas categorías 011 (titulado/a superior pedagogo/a) e 019 (titulado/a superior especialista/titulado/a superior farmacéutico) correspondentes ó grupo I do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia. Así mesmo, non consta ningún aspirante que presentara solicitude para a categoría 040 (titulado superior lingüista) do grupo I polo sistema de promoción interna, polo que de acordo co punto I.1.2 da Orde do 6 de agosto de 2003 as ditas prazas acumularanse a acceso libre.

Segundo.-A relación definitiva de aspirantes admitidos estará exposta nos taboleiros de anuncios da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, nos das súas delegacións provinciais e nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia.

O feito de figurar na relación de admitidos non prexulga, en ningún caso, o cumprimento dos requisitos que, para acceso a cada categoría, se recollen na base I.2 da respectiva orde de convocatoria e todo iso en relación coa base V desta.

Para solicitar información o teléfono de contacto é o 902 12 00 12, en horario das 9.00 ás 19.00 horas de luns a venres e de 9 a 14 horas os sábados.

Terceiro.-De acordo coa Orde do 6 de agosto de 2003 pola que se convoca proceso selectivo para o acceso a determinadas categorías do grupo I non figura ningún aspirante excluído ó dito proceso selectivo.

Cuarto.-De conformidade co disposto na base I.3.1, cuarto parágrafo, os aspirantes excluídos disporán dun prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución no DOG, para solicita-la devolución dos dereitos de exame aboados.

Para facer efectivo o disposto no parágrafo anterior, os interesados dirixirán escrito á Dirección Xeral da Función Pública onde fagan constar con claridade os seguintes datos:

-Nome e apelidos.

-DNI.

-Grupo/s e categoría/s ás que optaban.

-Datos bancarios, con especificación do código da entidade bancaria, código da sucursal e número de conta á que desexen que se lles efectúe a transferencia polo importe aboado.

Quinto.-Contra a presente resolución, que lle pon fin á vía administrativa poderase interpoñer reclamación previa á vía xudicial laboral no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación no DOG, conforme os artigos 69 e seguintes do Real decreto lexislativo 2/1995, do 7 de abril.

Santiago de Compostela, 6 de novembro de 2003.

Belén Prado Sanjurjo

Directora xeral da Función Pública