Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Mércores, 12 de novembro de 2003 Páx. 13.987

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 13 de outubro de 2003, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai pública a modificación de estatutos da asociación denominada Agrupación de Defensa Sanitaria de Productores de Pavos de Ourense, que no sucesivo e en virtude da dita modificación se denominará Agrupación de Defensa Sanitaria de Productores de Pavos de Ourense e Lugo.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral presentouse, o 7 de outubro de 2003, certificación expedida pola

secretaria da devandita asociación, Josefa Ojea Feijóo, avalada co visto e prace do presidente, Luis Félix Losada Puga, na que se reflicten as modificacións estatutarias acordadas na reunión da asemblea xeral celebrada o 24 de marzo de 2003, entre elas, as que fan referencia ó nome da asociación, que no sucesivo, e en virtude da dita modificación denominarase Agrupación de Defensa Sanitaria de Productores de Pavos de Ourense e Lugo, así como o ámbito territorial dela, que pasa a se-lo da provincia de Ourense e Lugo.

Santiago de Compostela, 13 de outubro de 2003.

José Vázquez Portomeñe

Director xeral de Relacións Laborais