Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Mércores, 12 de novembro de 2003 Páx. 13.987

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 13 de outubro de 2003, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai pública a modificación de estatutos da Asociación Gallega de Centros de Menores (AGCM).

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral presentouse, o 25 de setembro de 2003, acta da reunión da asemblea xeral extraordinaria da Asociación Gallega de Centros de Menores (AGCM), expedida polo secretario da devandita asociación, Carlos Montero, avalada co visto e prace do presidente, Aurelio Navarro Casales, na que se reflicte o acordo acadado na dita reunión, e que consiste na modificación do domicilio social da asociación que pasa a ser: rúa Son de Abaixo, 8-B, Santiago de Compostela (A Coruña).

Santiago de Compostela, 13 de outubro de 2003.

José Vázquez Portomeñe

Director xeral de Relacións Laborais