Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Martes, 11 de novembro de 2003 Páx. 13.940

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 3 de novembro de 2003 pola que se sinalan as datas e se citan os interesados para o levantamento das actas de pagamento e ocupación dos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación forzosa por taxación conxunta dos bens e dereitos necesarios para a execución do plan parcial para a ampliación do parque empresarial Lalín 2000.

1. Por Resolución do 15 de outubro de 2003, aprobouse definitivamente o expediente de expropiación forzosa seguido polo procedemento de taxación conxunta dos bens e dereitos necesarios para a execución do plan parcial para a ampliación do Parque Empresarial Lalín 2000, promovido polo Insituto Galego da Vivenda e Solo, conforme o previsto nos artigos 143 e seguintes da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

2. De conformidade co artigo 144 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística de protección do medio rural de Galicia, o acordo de aprobación definitiva do expediente de taxación conxunta implicará a declaración de urxencia da ocupación dos bens e dereitos afectados e o pagamento ou depósito do importe da valoración establecida producirá os efectos previstos nos números 6, 7 e 8 do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, sen prexuízo de que continúe a tramitación do procedemento para a definitiva fixación do prezo xusto.

3. De conformidade co artigo 205 do Regulamento de xestión urbanística aprobado polo Real decreto 3288/1978, do 25 de agosto, o pagamento do prezo xusto soamente se fará efectivo, consignándose no caso contrario, a aqueles interesados que acheguen certificación rexistral ó seu favor, na que conste que se estendeu a nota do artigo 32 do Regulamento hipotecario ou, no seu defecto, os títulos xustificativos do seu dereito, completados con certificacións negativas do Rexistro da Propiedade referida ó mesmo predio descrito nos títulos. De existiren cargas, deberán comparecer tamén os seus titulares.

Conforme o artigo 206 do citado Regulamento de xestión urbanística, se o expropiado non quixese acepta-lo prezo xusto ou non achegase títulos suficientes xustificativos do dominio ou existise contenda respecto á titularidade do ben ou dereito expropiado ou en xeral, se concorrese algún dos supostos do artigo 51 do Regulamento de expropiación forzosa, a Administración consignará o seu importe na Caixa Xeral de Depósitos.

4. De conformidade co artigo 55.1º do Regulamento da Lei de expropiación forzosa, redactarase acta de ocupación da cousa ou dereito expropiados a continuación da de pagamento. Para proceder ó levantamento destas actas, deberán asisiti-los titulares persoalmente, ou ben representados por persoa debidamente autorizada para actuaren no seu nome con poder suficiente, do que achegarán copia, provistos dos seus documentos orixinais acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade, o último recibo do imposto sobre bens inmobles, podendo asistir acompañado pola súa conta, se o coida oportuno, dos seus peritos ou dun notario. Nos casos nos que sexa necesario proceder á consignación dos prezos xustos, unha vez consignados na Caixa Xeral de Depósitos, o levantamento das actas de ocupación terá lugar o vindeiro día 22 de decembro de 2003, ás 10.00 horas no salón de actos do Concello de Lalín.

5. En consecuencia, convócanse e cítanse os seguintes titulares de bens e dereitos afectados polo presente expediente para proceder ó levantamento das actas de pagamento e ocupación que terán lugar no salón de plenos do Concello de Lalín, na seguinte orde:

Actas de pagamento:

* Día 9 de decembro de 2003.

-Das 10.00 ás 14.00 horas: predios nº 4 ata o predio nº 23 (ámbolos dous incluídos).

-Das 17.00 ás 19.00 horas: predios nº 24 ata o predio nº 32 (ámbolos dous incluídos).

* Día 10 de decembro de 2003.

-Das 10.00 ás 14.00 horas: predios nº 33 ata o predio nº 41 (ámbolos dous incluídos).

Actas de ocupación:

* Día 22 de decembro de 2003: das 10.00 ás 14.00 horas.

6. Notifíqueselle-la resolución a tódolos titulares dos bens e dereitos que figuran no expediente e publíquese este acordo no BOP e no taboleiro de edictos do concello. A publicación desta resolución servirá de notificación ós propietarios descoñecidos, dos que se ignore o lugar de notificación, ou ben tentada a notificación, non se puidese realizar. Todo isto de acordo co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999.

Santiago de Compostela, 3 de novembro de 2003.

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego

da Vivenda e Solo